Catión

Un catión[1][2] é un ión con carga eléctrica positiva. Entre os catións máis habituais temos os catións metálicos formados cando un átomo dun metal perde algún dos seus electróns.

Así: cando un átomo de sodio perde un dos seus electróns dá lugar o catión sodio ou ión sodio, Na+.

Na → Na+ + 1 e-

Cando un átomo de calcio perde dous electróns dá lugar o ión calcio, Ca2+ :

Ca → Ca2+ + 2 e-

Cando un átomo de aluminio perde tres electróns dá lugar o catión ou ión aluminio, Al3+:

Al → Al3+ + 3 e-

Existen tamén catións formados por máis dun átomo. Por exemplo o ión amonio é un catión formado por un átomo de nitróxeno e catro de hidróxeno que acumulan entre todos eles unha carga neta positiva, NH4+:

H+ + NH3 → NH4+

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para catión.
  2. "catión". TERGAL. Consultado o 05/07/2022. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!