A partir de 1995 ocupou diversas responsabilidades na Mesa pola Normalización Lingüística, organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende 1995 e que presidiu desde 2002 a 2014, desde entón é Presidente de Honra da entidade.[1] É presidente tamén do padroado da Fundación Vía Galego, desde a súa constitución en 2006. Presidiu tamén a Fundación Vía Galego[2] e a federación estatal Diverslinguae, desde a constitución de ambas, en 2006 e 2008, respectivamente.
É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor de libros como Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005) e En castellano no hay problema (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo[6].
En febreiro de 2011 gañou o XVI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media[7], na que analiza a aceptación da adelphopoiesis na Idade Media. Entre outra documentación, analiza un documento de 1061 recollido no Tombo de Celanova, polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en Rairiz de Veiga[8].
Atravesar o fantasma (2014). Xerais. 64 páxs. ISBN 978-84-9914-760-4. Seleccionado entre os mellores libros de poesía do decenio 2007-2016 no Premio Mondoñedo.[11]