Camille Jourdy, nada en Chenôve en 1979, é unha guionista e debuxante de banda deseñada francesa.
Traxectoria
Diplomada na Escola superior de arte de Épinal (ÉSAÉ) e na Escola superior de artes decorativas de Estrasburgo en 2005, na actualidade vive en Lión. A súa obra máis recoñecida é a serie de tres números Rosalie Blum. Realizou o cartel para a edición de 2011 do salón Viñetas desde o Atlántico que se celebra na Coruña.
Obra
- Rosalie Blum 1, 2 et 3 (Actes Sud BD, 2007, 2008 et 2009)
- Léopold, Chien de Divan (Sarbacane, 2007)
- Sophie la pie (Edigroup, 2005)
- Une araignée, des tagliatelles et au lit (Drozophile, Quiquandquoi, 2004)