Marie Ennemond Camille Jordan ([ʒɔʀdã]), nado en Lión o 5 de xaneiro de 1838 e finado en París o 22 de xaneiro de 1922, foi un matemático francés, coñecido tanto polo seu traballo fundamental na teoría de grupos como polo seu influente Cours d'analyse.
Camille Jordan non debe ser confundido co xeodesista Wilhelm Jordan (1842-1899, método de eliminación de Gauss-Jordan) nin co físico Pascual Jordan (1902-1980, álxebra de Jordan).
Traxectoria
O seu pai Esprit-Alexandre Jordan (1800-1888), politécnico (1818),[1] foi deputado por Saona e Loira (1871-1876) e a súa nai Joséphine era irmá do pintor Pierre Puvis de Chavannes. Era tamén bisneto do político Camille Jordan. Estudou na Escola Politécnica Superior (promoción de 1855). Foi enxeñeiro no corpo das minas e logo deu clases na mesma escola e sucedeu a Joseph Liouville no Collège de France, onde tiña fama de escoller notacións excéntricas.
O seu nome está asociado a unha serie de resultados fundamentais:
Tamén foi el quen introduciu a noción de arco rectificable, de función con variación limitada[2] ou de conxunto medíbel. Axudou a levar a teoría de Galois á corrente principal do pensamento. Tamén investigou os grupos de Mathieu, primeiros exemplos de grupos esporádicos. O seu Traité des substitutions, sobre os grupos das permutacións, foi publicado en 1870 e gañou ese mesmo ano o premio Poncelet.[3] Foi orador convidado no Congreso Internacional das Matemáticas de 1920 en Estrasburgo.[4]
Cando deixou a Escola das Minas de 1861 a 1885, era enxeñeiro encargado do control das canteiras en París.[5]
Obras
Honras
En 1881 foi elixido membro da Academia de Ciencias, que presidiu en 1916. En 1919 converteuse nun membro estranxeiro da Royal Society e tamén foi nomeado Oficial da Lexión de Honra.
A Universidade de Lión I deu o seu nome a un instituto de investigación matemática.
O asteroide 25593 Camillejordan recibiu o seu nome na súa honra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas