Byung-Chul Han

Modelo:BiografíaByung-Chul Han

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Seúl, Corea do Sur Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAlemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coreia (pt) Traducir
Universidade de Freiburg im Breisgau Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Basilea
Karlsruhe Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, filósofo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorKarlsruhe University of Arts and Design (en) Traducir (2010–2012)
Universidade das Artes de Berlim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Premios

BNE: XX5363466

Byung-Chul Han (en coreano: 한병철), nado en Seúl en 1959,[1][2] é un filósofo e ensaísta surcoreano. É experto en estudos culturais e docente da Universität der Künste (Universidade das Artes) de Berlín. Escribe en lingua alemá e está considerado como un dos filósofos máis salientables do pensamento contemporáneo pola súa crítica ó capitalismo, a sociedade do traballo, a tecnoloxía e a hipertransparencia.[3]

O seu ensaio Infocracia foi publicado en galego pola Catro Ventos Editora.[4]

Traxectoria

Nunha entrevista no semanario alemán Die Zeit, contou que lle interesa especialmente a tecnoloxía, malia ser crítico con ela. De feito, durante a infancia xogaba sempre con radios e aparellos eléctricos, mais ao final estudou Metalurxia na Universidade de Corea. Abandonou a carreira tras provocar unha explosión na súa casa mentres traballaba con produtos químicos. Chegou a Alemaña con 26 anos, sen saber o idioma e sen ler case nada de filosofía.

Estudou Filosofía na Universidade Albert Ludwig de Friburgo e Literatura Alemá e Teoloxía na Universidade de Múnic. En 1994 doutorouse en Friburgo, Alemaña cunha disertación sobre Martin Heidegger. En 2000 incorporouse ó Departamento de Filosofía da Universidade de Basilea, onde completou a súa formación. En 2010 converteuse en membro da facultade Staatliche Hochschule für Gestaltung Karlsruhe. As súas áreas de interese foron a filosofía dos séculos XVIII, XIX e XX, a ética, a filosofía social, a fenomenoloxía, a antropoloxía cultural, a estética, a relixión, a teoría dos medios de comunicación de masas e a filosofía intercultural. Dende 2012 é profesor de Filosofía e estudos culturais na Universidade das Artes de Berlín (UdK), onde dirixe o Studium Generale, ou programa de estudos xerais.[5]

Até hai pouco, Han negábase a dar entrevistas de radio e televisión. Raramente revela detalles biográficos ou persoais, incluída a súa data de nacemento.[6]

Pensamento

Algúns dos seus traballos foron traducidos a varios idiomas. Os máis característicos son tratados do que el denomina a "sociedade do cansazo" (Müdigkeitsgesellschaft), a "sociedade da transparencia" (Transparenzgesellschaft) e o seu concepto de Shanzai, neoloxismo que busca identificar os modos da deconstrución nas prácticas contemporáneas do capitalismo chinés.

Han analiza tamén a "transparencia" como norma cultural creada polas forzas do neoliberalismo. El entende dita norma como o insaciable impulso cara á divulgación voluntaria de todo tipo de información. Segundo Han, os ditados da transparencia impoñen un sistema totalitario de apertura a expensas doutros valores sociais como a vergoña, o segredo e a confidencialidade.[7]

Obra

  • Heideggers Herz. Zum Begriff der Stimmung bei Martin Heidegger. Wilhelm Fink, Paderborn 1999.
  • Todesarten. Philosophische Untersuchungen zum Tod. Wilhelm Fink, Paderborn 1999.
  • Martin Heidegger. UTB, Stuttgart 1999.
  • Tod und Alterität. Wilhelm Fink, Paderborn 2002.
  • Philosophie des Zen-Buddhismus. Reclam, Stuttgart 2002.
  • Was ist Macht Reclam, Stuttgart 2005.
  • Hyperkulturalität: Kultur und Globalisierung Merve, Berlin 2005. ISBN 978-3-88396-212-2.
  • Hegel und die Macht. Ein Versuch über die Freundlichkeit. Wilhelm Fink, Paderborn 2005.
  • Gute Unterhaltung. Eine Dekonstruktion der abendländischen Passionsgeschichte. Verlag Vorwerk 8, Berlin 2007.
  • Abwesen: Zur Kultur und Philosophie des Fernen Ostens Merve, Berlin 2007. ISBN 978-3-88396-235-1.
  • Duft der Zeit: Ein philosophischer Essay zur Kunst des Verweilens Transkript 2009.
  • Müdigkeitsgesellschaft Matthes & Seitz, Berlin 2010, ISBN 978-3-88221-616-5.
  • Shanzhai 山寨 - Dekonstruktion auf Chinesisch. Merve, Berlin 2011, ISBN 9789896419394.
  • Topologie der Gewalt. Matthes & Seitz, Berlin 2011, ISBN 978-3-88221-495-6.
  • Transparenzgesellschaft. Matthes & Seitz, Berlin 2012, ISBN 978-3-88221-595-3.
  • Agonie des Eros. Matthes & Seitz, Berlin 2012, ISBN 978-3-88221-973-9.
  • Bitte Augen schließen. Auf der Suche nach einer anderen Zeit. Matthes & Seitz Berlin 2013 libro electrónico, ISBN 978-3-88221-064-4.
  • Digitale Rationalität und das Ende des kommunikativen Handelns. Matthes & Seitz Berlin 2013, ISBN 978-3-88221-066-8.
  • Im Schwarm. Ansichten des Digitalen. Matthes & Seitz, Berlin 2013, ISBN 978-3-88221-037-8.
  • Psychopolitik: Neoliberalismus und die neuen Machttechniken. S. Fischer Verlag Frankfurt 2014 ISBN 978-3100022035.
  • Die Errettung des Schönen. S. Fischer Verlag Frankfurt 2015.
  • Die Austreibung des Anderen: Gesellschaft, Wahrnehmung und Kommunikation heute. S. Fischer, Berlin, 2016. ISBN 978-3103972122.
  • Close-Up in Unschärfe. Merve, Berlin 2016. ISBN 978-3-88396-387-7.
  • Gute Unterhaltung: Eine Dekonstruktion der abendländischen Passionsgeschichte. Matthes & Seitz, Berlin 2017. ISBN 978-3957572752.
  • Lob der Erde: Eine Reise in den Garten. Ullstein, Berlin 2018. ISBN 978-3550050381.
  • Vom Verschwinden der Rituale: Eine Topologie der Gegenwart. Ullstein, Berlin 2019. ISBN 978-3550050718.
  • Palliativgesellschaft. Schmerz heute. Matthes & Seitz, Berlin 2020. ISBN 978-3957572691.

Traducións

Notas

  1. Werner Stegmaier (Hrsg.): Europa-Philosophie. De Gruyter, Berlín/Nova York 2000, ISBN 3-11-016900-2], S. 191 (en liña).
  2. Musik & Ästhetik, Band 1, 1997, ISSN 1432-9425
  3. "Por favor, cierra los ojos. A la búsqueda de otro tiempo diferente". Miradas. La Vanguardia. 9 de xullo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "Catro Ventos Editora - Infocracia". Catro Ventos Editora. Consultado o 2024-02-23. 
  5. "Studium Generale". 
  6. "Play more and work less: A visit with Byung-Chul Han in Karlsruhe". 
  7. "Klarheit schaffen". 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!