Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Bloody Mary .
Bloody Mary condimentado con vexetais.
Bloody Mary é un cóctel composto de vodka , zume de tomate , e de salsas , como a Worcestershire ou a salsa de Tabasco . Ademais, sal , pementa negra , pementa de Caiena e zume de limón . O camareiro Fernand Petiot do Harry's New York Bar en París inventou a bebida en 1920. A primeira referencia ao Bloody Mary recollida no Dicionario Oxford procede da revista inglesa Punch , en agosto de 1956: "...os que comen filetes crus e beben Bloody Marys..."
Historia
Bloody Mary ten ecos afastados no personaxe de María I de Inglaterra , filla de Henrique VIII , a raíña Tudor que foi alcumada María a Sanguinaría porque no seu intento de restaurar o catolicismo en Inglaterra levou á fogueira a máis de 300 membros do alto clero protestante , nos seus cinco anos de reinado. Con todo, é a cor vermella da bebida o que obviamente lle deu o seu nome: blood é sangue , en inglés .
Preparación
A orde de mestura dos ingredientes é crucial á hora de preparar o cóctel. Algúns camareiros manteñen as súas receitas en segredo. Servido en vaso alto, cuns cubiños de xeo , e adornado por unha poliña de apio , o Bloody Mary, e a súa versión sen alcol Virgin Mary , tómanse frecuentemente durante a mañá.
Ingredientes
Véxase tamén