O apio[1] (Apium graveolens) tamén chamado aipo e ampio[2] é unha especievexetal pertencente á familia das apiáceas, antigamente coñecidas coma umbelíferas. É unha hortaliza empregada en cociña.
Descrición
Posúe talos estriados que forman un gran mata con follas acuñadas. Toda a planta ten un forte sabor agre, aínda que o branqueo dos talos no cultivo fai que perdan estas cualidades, adquirindo un sabor máis doce e o característico recendo que o converte nun bo ingrediente de ensaladas e sopas.
Pódese atopar todo o ano, aínda que os mellores aparecen polo outono e polo inverno.
Distribución
É orixinario da zona mediterránea.
Propiedades
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
O apio vense empregando dende tempos históricos tanto na cociña coma na medicina naturista. É unha das verduras que máis propiedades medicinais posúe [Cómpre referencia]. Pódese inxerir cru, cocido ou no seu zume. Vai ben combinado coa cenoria e o tomate; o zume axuda a calmar os nervios e é un bo remineralizante. A ensalada de apio cun pouco sal pode usarse eficazmente para combater o exceso de acidez do tubo dixestivo e aliviar a colite. A ensalada de apio e aguacate recoméndase en caso de doenzas do estómago e intestino.
Axuda ao corpo a se desfacer de impurezas a través da súa función diurética (polo seu contido nun aceite volátil, o apiol). Caracterízase por ser carminativo, sedante, aperitivo, dixestivo (que non implica dixestibilidade doada polo seu alto contido en fibra), emenagogo, depurativo, rexenerador sanguíneo e lixeiramente laxante. Axuda na formación do esmalte dentario. Diminúe as enfermidades hepáticas, combate as infeccións, axuda á eliminación de cálculos renais, mellora a memoria e en uso externo adoita comportarse como un cicatrizante. Disque inxerir esta planta axuda a aumentar a libido.
As sementes provocan unha maior diurese, sendo a cocedura destas útil en caso de hipertensión arterial, afección cardíaca conxestiva, ansiedade e insomnio. Así mesmo, a infusión das sementes de apio resulta beneficiosa para combater a síndrome premenstrual que produce incomodidades pouco antes da menstruación por mor á acumulación de líquido nos tecidos.
Precaucións
Os diuréticos poden esgotar o potasio e outros sales minerais almacenados no organismo, polo que as persoas que os usan deben comer alimentos con elevado contido de potasio, como bananas e verduras frescas, para substituír os sales minerais que se perden pola acción dos diuréticos.
Contraindicacións
Polo seu efecto emenagogo cómpre evitar consumir apio en calquera das súas formas durante a gravidez.
Valor nutritivo
O apio resulta moi positivo na dieta humana por mor ao seu alto contido de fibra dietética, vitaminas e minerais, ademais de ser considerado un bo diurético pola súa alta porcentaxe de auga.
A cebola contén, ademais do aceite etéreo,
amidón,
azucres,
colina,
tirosina,
glutamina,
asparraxina e vitamina B-1 e B-2 que son necesarias para a función nerviosa e muscular. Polos seus compoñentes, o zume de apio restitúe o corpo despois de xornadas de exercicio intenso ou febres.
Enfermidades
Septoria apiicola (aparecen tacas amarelas nas follas que acaban morrendo).
↑Nome vulgar galego en diferentes fontes e o único que recolle a RAG: Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, 2004. Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009. Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012
↑As fontes antigas galegas nomean especialmente ampio e aipo, máis que apio. Aipo coincide coa voz portuguesa actual. Martín Sarmiento de feito di que en Galiza chaman aypo ou ampio a esta planta