Bienvenido, Mister Marshall é un filme español dirixido por Luis García Berlanga
Anos 50. Villar del Río é unha pequena e tranquila vila deixada da man de Deus, na que nunca pasa nada. Porén, o mesmo día que chega a cantante folclórica Carmen Vargas e o seu representante, recíbese a nova da inminente visita dun comité do Plan Marshall (o proxecto económico americano para a reconstrución de Europa). A novidade provoca unha gran alteración entre a xente, e o bo do alcalde da vila (José Isbert) propón ós veciños que se disfracen ó máis puro estilo andaluz para causaren boa impresión ós americanos que veñen a darlles cartos.