Baudouin/Boudewijn Albert Charles Leopold Axel Marie Gustave, nado no castelo de Stuyvenberg (Bruxelas) o 7 de setembro de 1930 e finado en Motril o 31 de xullo de 1993, foi o rei dos belgas entre 1951 e 1993.
Era fillo de Leopoldo III de Bélxica e da súa primeira muller, a princesa Astrid de Suecia. O 1 de agosto de 1950 o rei Leopoldo III e o Parlamento aprobaron unha lei delegando os poderes reais a Balduíno, que os asumiu como príncipe o 11 de agosto do mesmo ano. O 17 de xullo de 1951 un día tras a renuncia de seu pai, Balduíno asumiu o trono como rei da Bélxica.
Parte da impopularidade de seu pai debeuse a casar en segredo con Mary Lilian Baels, unha inglesa que non pertencía a unha liñaxe real. E parte tamén por renderse diante da invasión da Bélxica por tropas nazis en 1940. Estes dous factores produciron desgaste na imaxe do rei Leopoldo III, levando á súa abdicación.
O 15 de decembro de 1960 casou coa española Fabiola Mora y Aragón, sendo a súa a primeira voda real retransmitida por televisión. Este matrimonio non tivo descendencia, polo que a liña sucesoria pasou ao seu irmán Alberte.
Durante o seu reinado o Congo Belga tornouse independente, e o rei persoalmente participou nas festividades de independencia.