Augustin de Saint-Aubin, nado o 3 de xaneiro de 1736 en París e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1807, foi un ilustrador e gravador francés.
Traxectoria
Fillo de Gabriel-Germain de Saint-Aubin (1696-1756), bordador da corte real, tamén os seus irmáns Gabriel-Jacques de Saint-Aubin, Charles-Germain de Saint-Aubin e Louis-Michel de Saint-Aubin foron igualmente respectados artistas.
Aprendeu gravado co seu irmán e logo estudou con Etienne Fessard, Nicolas-Henri Tardieu[1] e Laurent Cars. Realizou múltiples ilustracións para o Journal de musique de M. Lagarde, para representacións de teatro, catálogos de venda, libros ou mesmo o gabinete de historia natural do duque de Chevreuse. Foi un artista moi prolífico, con arredor de 3000 obras [2], moitos retratos debuxados; dos seus gravados salientan os baseados en retratos de Charles-Nicolas Cochin o Novo.
Entrou na Real Academia de Pintura en 1775. En 1777 [3] recibiu o nomeamento de gravador do rei e da súa biblioteca.
Seguindo os criterios da Asemblea Nacional, con Pierre-Joseph Lorthior e Nicolas-Marie Gatteaux realizou as emisións de asignados de 200, 300 e 1000 libras creados polas leis do 16 e 17 de abril de 1790.
Debuxos
Gravados
-
Arión (1763). Debuxo de François Boucher
-
Batalla de Tonguzluq (1771). Debuxo de Giuseppe Castiglione
-
O duque de Chartres (1779). Debuxo de Charles Lepeintre
-
Pierre-Henri de Valenciennes (1788). Debuxo de Jean-Michel Moreau
Augafortes
-
Inauguración da estatua de Luís XV (1766). Debuxo de Hubert François Gravelot
-
Viñeta de costume dos rusos despois do matrimonio e antes do casoiro en Voyage en Sibérie (1767). Debuxo de Jean-Baptiste Le Prince
-
O concerto (1774). Dubuxo de Antoine Jean Duclos
-
Alegoría de Luís XVI con motivo da súa ascensión ao trono de Francia (1774)
-
Retrato de Luís Filipe, duque de Orléans (1778). Debuxo de Charles-Nicolas Cochin o Novo
-
Retrato de Adrienne-Sophie (1779)
-
A familia Renouard (1801-1802)
Notas