O terreo é ondulado. A maior altura atínxese no Cerro Lambaré, no barrio de Santa Ana, nos lindes coa localidade de Lambaré. O Cerro Lambaré foi incluído no territorio de Asunción en 1965. Hai outras alturas no casco urbano, denominadas lomas ou colinas das que destacan:
Loma Cabará, no que se localiza o núcleo fundacional da cidade
Os excedentes de augas forman lagoas, que constitúen augas estancadas. Causan certo risco para a saúde da poboación, ao convertérense en criadeiros de insectos, como o Aedes Aegypti, que pode causar dengue, e o mosquito anófele.
Clima
Climograma de Asunción
O clima é de tipo subtropical, con moi pequenas variacións das temperaturas ao longo do ano. A temperatura media anual é de 24,3 °C e as precipitacións medias anuais atinxen os 1.420 mm. Outubro é o mes máis chuvioso e setembro o máis seco.
Vida urbana
O corazón da cidade, relativamente próximo ao río, é a "Plaza de los Héroes" xunto coa rúa "Calle Independencia", que trazada de norte a sur corta as vías que se cruzan en sentido leste-oeste. Todas as rúas do centro teñen circulación de sentido único.
De leste a oeste transcorren as rúas "Calle Palma/Mariscal Estigarribia", "Estrella/25 de Mayo" e "Oliva/Cerro Corá". Desde hai cen anos están instalados aquí os mellores negocios, tendas, bancos e oficinas de troco de moeda. A primeira delas, a "Calle Palma", nos sábados é unha rúa de vivaz paseo en que se celebran concertos gratuítos.
Edificios de interese
Panteón de los Héroes e Oratorio de la Virgen de la Asunción (rúa Palma / rúa Chile): construído en 1863 e rematado en 1936, cun trazado do arquitecto italiano Ravizza.
Estación Central do Ferrocarril (Eligio Ayala / Mexico), datada en 1861.
Catedral Metropolitana (Independencia Nacional / Coronel Bogado): comezada no século XVII, aínda que a maior parte da edificación é do XIX.
Catedral de Asunción
Palacio de Gobierno (rúa El Paraguayo Independiente, entre Ayolas e O'Leary).
Cabildo (Avenida República / Alberdi): foi concibido como casa do concello. Actualmente acolle o Museo da Cidade.
Casa de la Independencia (14 de Mayo / Presidente Franco): un dos edificios máis antigos de Asunción. Aquí comezou o movemento de independencia de Paraguai contra España o 14 de maio de 1811.
Casa Viola e Casa Castelví (Ayolas / Paraguayo Independiente): construídas a finais do século XVIII, son os edificios máis antigos da cidade en pé. Hoxe a Casa Viola acolle o centro cultural "Manzana de la Rivera", no que se celebran conferencias, representación teatrais e concertos. Tamén a biblioteca municipal está situada aquí.
Iglesia de la Encarnación (entre as rúas Alberdi e 14 de Mayo): en 1863 sufriu un incendio e foi reconstruída.
Iglesia de la Trinidad (Santísimo Sacramento / Santísima Trinidad).