Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

As grandes bañistas (Cézanne, Filadelfia)

As grandes bañistas (Cézanne, Filadelfia)

Tipopintura Editar o valor en Wikidata
MovementoCubismo cézanniano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoarte de xénero e nudez na arte Editar o valor en Wikidata
Materialpintura ao óleo e lenzo Editar o valor en Wikidata
PropietarioJean-Victor Pellerin Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aPaul Cézanne Editar o valor en Wikidata
Interpretado porPaul Cézanne Editar o valor en Wikidata
Temática
Representa abaño Editar o valor en Wikidata
Datas
Data1898 Editar o valor en Wikidata
Data de creacióndécada de 1900 Editar o valor en Wikidata
Número de
Parte da serieBaigneuses (Bathers) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura210,5 cm Editar o valor en Wikidata
Anchura250,8 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónMuseo de Arte de Filadelfia Editar o valor en Wikidata
ColecciónMuseo de Arte de Filadelfia Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

As grandes bañistas (en francés: Les Grandes Baigneuses) é un cadro do pintor francés Paul Cézanne. Está realizado en óleo sobre lenzo. Mide 208 cm de alto e 251 cm de largo. Foi pintado en 1906. Atópase no Museo de Arte de Filadelfia, Estados Unidos.

Análise

É a tea máis grande xamais pintada por Cézanne, quen a traballou durante sete anos no obradoiro que tiña en Lauves, e é a máis traballada das tres versións xulgadas conclusivas do tema dos bañistas, tratado reiteradamente polo pintor, dende 1870 ata o seu falecemento en 1906. Considérase que este cadro pode estar inacabado.

A gama das cores está reducida a tons sobrios: ocre, malva e verde ou azul verdoso.

O cadro componse en torno a dous grupos de figuras de bañistas, entre as que hai unha mancha branca que podería ser un can. Atópanse á beira dun río, no que pode verse a unha figura nadando. Máis aló, en liña co can e a nadadora, dúas figuras na outra beira; e, detrás deles, un castelo. Hai dous grupos de árbores inclinadas que forman unha especie de bóveda por riba das bañistas, e que ábrense alén, a unha profundidade central.

Os cadros dos bañistas serán fundamentais para a historia posterior da arte, influíndo profundamente a todos os protagonistas da vangardia, dende Matisse a Braque, de Picasso a Moore. Este estilo final de Cézanne anuncia xa o cubismo.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya