Estudou Filosofía e Letras en Madrid, especializándose en Fonética so a guía de Tomás Navarro Tomás. Participou, desde antes de rematar a carreira, na elaboración no Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) que supervisaba Ramón Menéndez Pidal e dirixía o seu mestre Navarro Tomás, realizando investigacións lingüísticas en Galiza e mais no norte de Portugal. En Galiza levou el só as enquisas en 45 dos 53 puntos propostos para investigar.[2] No norte de Portugal, onde estaba a completar as enquisas, sorprendeuno o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi entregado ás autoridades españolas o 5 de agosto de 1936 e acusado de espionaxe, ao parecer por se lle descubriren cadernos de enquisas do ALPI con transcricións fonéticas (á parte de viaxar en coche oficial da República española).[3] Foi condenado a morte e amnistiado, pero permaneceu na cadea, en Burgos, ata o 22 de maio de 1941, data na que se lle outorgou a liberdade condicional.
O resto da súa vida transcorreu na súa aldea natal de Barcia, onde faleceu en 1974.
É autor de Contribución al diccionario gallego (1967) e de Vocabulario de San Jorge de Piquín (1977); en 1994 publicouse postumamente a súa novela autobiográfica Esmoriz.
Malia ser proposto para entrar na Real Academia Galega e ser esta suxestión votada a favor en 1964, non chegou a tomar posesión como académico.
Obra
Libros de lingüística
Contribución al diccionario gallego. Vigo. Fundación Penzol - Galaxia. 1967.
Vocabulario de San Jorge de Piquín, anexo nº 8 da rev, Verba. Anuario gallego de Filología. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. 1977 (publicación póstuma).
Artigos lingüísticos
"'Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugués", serie de 24 contribucións, publicados en Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela. CSIC, desde 1949 a 1971.
"Contribucións al léxico gallego y asturiano", serie de 10 contribucións, publicados en Archivum. Revista de la Facultad de Filosofía y Letras. Oviedo, desde 1953 a 1964.
"Una versión latina popular de las doce palabras retorneadas", in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. VI. Santiago de Compostela. C.S.I.C. 1951.
"Irregularidades verbales del gallego", in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. VII. Santiago de Compostela. CSIC. 1952, páxs. 399-405.
"Voces onomatopéyicas del gallego-portugués", in Homenaje al Excelentísimo Sr. Dr. Emilio Alarcos García, t. II. Valladolid. 1965-1967, páxs. 63-72.
"Algunas adiciones al léxico hispánico", in Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. XXIV. Santiago de Compostela. CSIC. 1969, páxs. 154-171.
En colaboración: Sanchís Guarner, M.; Rodríguez Castellano, L.; Otero Álvarez, A.; Cintra, L.F. Lindley, "El Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI): Trabajos, problemas y métodos", in Actas do IX Congresso Internacional de Linguística Românica, vol III. Lisboa. 1962, páxs. 113-120.