Ann-Margret

Modelo:BiografíaAnn-Margret

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de abril de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Valsjöbyn, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Noroeste
Northwestern University School of Communication (en) Traducir
New Trier High School Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosVerde Editar o valor en Wikidata
Cor do peloRubio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoGold Star Records (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRoger Smith (1967–2017), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000268 Allocine: 2617 Rottentomatoes: celebrity/annmargret Allmovie: p1846 271 TV.com: people/ann-margret IBDB: 507940
BNE: XX1119244 Musicbrainz: 0d6e57aa-f495-460e-a27a-0d6677070914 Songkick: 28059 Discogs: 115000 Allmusic: mn0000731084 WikiTree: Olsson-2226 Genius: Ann-margret Editar o valor en Wikidata

Ann-Margret Olsson, nada en Valsjöbyn (Jämtland) o 28 de abril de 1941, é unha actriz e cantante sueca nacionalizada estadounidense.

Traxectoria

Ann-Margret Olsson naceu en Valsjöbyn, condado de Jämtland,[1][2] filla de Anna Regina (de solteira Aronsson) e Carl Gustav Olsson, orixinario de Örnsköldsvik. O seu pai traballou nos Estados Unidos durante a súa mocidade e mudouse de novo en 1942, traballando na Johnson Electrical Company. Ann-Margret e a súa nai uníronse a el en novembro de 1946, e o día da súa chegada foron ao Radio City Music Hall. Establecéronse en Wilmette, Illinois, onde Ann-Margret acudiu á Northwestern University. Nacionalizouse estadounidense en 1949.

Como cantante, foi descuberta nun club nocturno polo actor e cómico George Burns. Comezou a gravar discos coa compañía RCA en 1961. A súa voz, suavemente rouca, estaba considerada como unha das máis sexys, e era comparada coas de Eartha Kitt ou Nancy Sinatra. A compañía RCA intentou facer dela a "Elvis feminina" preparando un disco cunha versión da canción de Elvis Presley "Heartbreak Hotel" e outras dun estilo moi similar. Tivo un pequeno éxito coa canción "I Just Don't Understand", que entrou no Top 40 na lista do Billboard a terceira semana de agosto de 1961, onde permaneceu durante 6 semanas, chegando ao número 17.[3] O seu disco máis salientable é The Beauty and the Beard (1964) que realizou co trompetista Al Hirt. O contrato con RCA rematou en 1966. Aínda que o seu traballo na música quedou eclipsado pola interpretación, a principios da década de 1980 continuou a actuar en Las Vegas.

En 1961, Margret conseguiu grazas a unha audición un contrato de sete anos de duración co estudio cinematográfico 20th Century Fox. A súa primeira experiencia no cinema foi no filme Pocketful of Miracles ese mesmo ano. A súa interpretación recibiu moi boas críticas e foille concedido o Globo de Ouro á mellor nova estrela do ano. Seguiuno o filme musical State Fair, coprotagonizado con Bobby Darin e Pat Boone. Non obstante, foi o seu papel en Bye Bye Birdie (1963) o que a lanzou ao estrellato.

Logo de rodar Viva Las Vegas con Elvis Presley, ambos comezaron unha relación que atraeu a atención da prensa do corazón. Esta relación provocou un enfrontamento coa esposa de Elvis nese momento, Priscilla. Aínda que a relación rematou pouco despois, Presley continuou a ser un grande amigo da actriz. De todas as estrelas de Hollywood coas que Elvis traballou, Ann-Margret foi a única que asistiu ao seu funeral.[4]

En 1963, Ann-Margret foi a estrela invitada nun episodio da serie de animación The Flintstones, nunha personaxe que se chamaba "Ann-Margrock".

En marzo de 1966, Ann-Margret, xunto cos artistas Chuck Day e Mickey Jones, fixo unha viaxe para apoiar as tropas estadounidenses que se atopaban en Vietnam e outros países do sueste Asiático.

En 1971, protagonizou a cinta de Mike Nichols Carnal Knowledge, filme que deu un xiro á súa carreira interpretativa. Por este filme foi candidata ao Oscar como mellor actriz secundaria. Durante a década de 1970, Ann-Margret compaxinou as súas actuacións en directo cunha serie de filmes como Ladróns de trens ou Tommy (1975). Polo seu traballo en Tommy foi candidata ao Oscar á mellor actriz. Ademais destas dúas candidaturas ao Oscar, foi candidata a dez Globos de Ouro, gañando cinco.

Ann-Margret foi unha escolla inicial de Allan Carr para interpretar o papel de Sandy Dumbrowski no filme de 1978 Grease. Porén, con 37 anos, decidiuse que era demasiado vella para resultar convincente no papel dunha estudante de instituto. Olivia Newton-John conseguiu o papel, e a personaxe foi renomeada como "Sandy Olsson" (apelido de Ann-Margret) na súa honra.[5]

Ademais de traballar no cinema, Ann-Margret protagonizou algúns especiais de televisión de moito éxito, comezando con The Ann-Margret Show para NBC en 1968.

En 1994, publicou a súa autobiografía titulada Ann Margret: My Story[6] en que deu a coñecer publicamente a súa batalla contra o alcoholismo e a súa recuperación. En 1995, foi elixida pola Empire como a décima entre as 100 estrelas máis atractivas da historia do cinema.

En 2001, colaborando con Art Greenhaw, gravou o álbum God Is Love: The Gospel Sessions, que foi candidato ao Grammy na categoría de gospel. O álbum Ann-Margret's Christmas Carol Collection, tamén producido e arranxado por Greenhaw, foi gravado en 2004.[7]

Ann-Margret ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood situada no 6501 de Hollywood Blvd.

Vida privada

Ann-Margret non tivo fillos, mais foi a madrasta dos fillos do seu marido Roger Smith, actor logo convertido no seu manager. Os dous estiveron casados dende o 8 de maio de 1967 ata a morte del o 4 de xuño de 2017. Previamente fora parella do cantante Eddie Fisher[8] e de Elvis Presley durante a rodaxe de Viva Las Vegas.

A miniserie de CBS Elvis inclúe a súa relación con Elvis Presley. Ann-Margret foi interpretada por Rose McGowan.

É unha das personaxes da novela de A magnitude da traxedia, de Quim Monzó.[9]

Notas

  1. "Ann-Margret Biography". FilmReference.com. Consultado o 4 de agosto de 2010. 
  2. Ann-Margret biografi Arquivado 1 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine., Svensk Filmdatabas (sueco) consultado o 1 de maio de 2014
  3. "I Just Don't Understand, Ann-Margret". Billboard.com. Billboard Top 100. 2 de outubro de 1961. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2009. Consultado o 07 de decembro de 2018. 
  4. Nash, Alanna (8 de xullo de 2003). The Colonel: The Extraordinary Story of Colonel Tom Parker and Elvis Presley. Simon & Schuster. pp. 312–. ISBN 978-1-4391-3695-9. Consultado o 4 de xullo de 2013. 
  5. Windeler, Robert (31 de xullo de 1978). "Ohh Sandy! – Olivia Newton-John". People. Consultado o 10 de novembro de 2008. 
  6. Ann-Margret 1994.
  7. official records, National Academy of Recording Arts & Sciences; official records, Gospel Music Association; Mesquite (Texas) News, 2001 Volumes; holiday record release data, Select-O-Hits Distribution, 2004-2010
  8. Kaufman, Joanne (8 de outubro de 1999). "Eddie Fisher Tells All". Wall Street Journal. 
  9. Corpus Literari Ciutat de Barcelona

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!