Anglès é un concello catalán da provincia de Xirona, na comarca da Selva.
A vila xerundense sitúase no medio dun extenso val que dista a 17 km de Xirona, 12 km de Santa Coloma de Farnens (capital da comarca), 100 km da cidade de Barcelona e 40 km da Costa Brava. A vila antiga álzase sobre unha pequena elevación situada en medio dunha chaira fértil no lado sur da desembocadura da riera de Osor no río Ter.
A igrexa de Sant Amanç, na actualidade en rehabilitación, está documentada dende 1019 co nome de Sancti Amantii Anglensis. A poboación xurdiu ao redor desta igrexa e do castelo, despois derruído, a capela é a actual igrexa parroquial.