Vilobí d'Onyar é un municipio da provincia de Xirona, en Cataluña, que pertence á comarca da Selva. Forma parte da área urbana da cidade de Xirona e ademais da capital municipal inclúe os núcleos de Salitja e Sant Dalmai.
Historia
A súa orixe remóntase á época de romanización do territorio, xa que preto da vila pasaba unha importante comunicación romana, a Vía Augusta. Os restos arqueolóxicos atopados na zona son da época do Paleolítico Medio. A primeira documentación escrita aparece no ano 882 co nome de Villa Albini. Un dos seus personaxes máis destacados foi o remensa Pere Antoni que participou na crise da pagesia catalá no século XV. O crecemento da poboación mantívose constante dende a segunda metade do século XIX ata a década de 1980, cando o desenvolvemento urbano comezou a ser moi importante.
As fontes máis destacadas de ingresos na localidade eran a gandería e a agricultura, que evolucionou da tradicional cando se iniciou a mecanización dos traballos do campo. Para potenciar o turismo realízanse varias iniciativas como a Feira da Botifarra dolça ou a Feira do leite. A construción do Aeroporto de Xirona-Costa Brava, en 1967 no concello, transformou a súa economía, xa que é o punto de chegada de milleiros de turistas.
Lugares de interese
Igrexa parroquial de Sant Esteve, de 1773, con campanario barroco.
Castelo de Vilobí, dos séculos XII e XIII.
Capela de Santa Margarida, do século XIII.
Igrexa de Santa Maria de Salitja, de estilo barroco-neoclásico, do século XVIII.