Río Ter|
|
Tipo | curso de auga río principal |
---|
|
|
División administrativa | Ripollès, España, Osona, España, Selva, España, Gironès, España e Baix Empordà, España |
|
Localización | Ulldeter (en) |
---|
|
Localización | Mar Mediterráneo |
---|
|
Afluentes | Riera d'en Xuncla (en) , Río Onyar, Río Güell, Ges (en) , río Brugent, riera de Llémena, Q11945598 , Ritort River (en) , río Terri, Gurri (en) , El Merdàs (en) |
---|
Conca hidrográfica | conca do Ter |
---|
|
Dimensións | 208 () km
|
---|
Superficie da cunca hidrográfica | 3.010 km² |
---|
|
Caudal | 25 m³/s |
---|
|
|
Sitio web | consorcidelter.cat |
---|
|
O río Ter é un curso fluvial catalán, que desemboca no mar Mediterráneo despois dun curso de 208 km.
Percorrido
O Ter nace en Ulldeter, nos Pireneos, a uns 2.300 metros de altitude, ao pé dun antigo circo glaciar que delimitan cimas relativamente próximas aos 3.000 metros, como o Bastiments, o Gra de Fajol ou o Pic de la Dona. As súas augas transcorren polas comarcas do Ripollès, Osona, a Selva, o Gironès e o Baix Empordà, até desembocar no mar Mediterráneo en L'Estartit. O seu curso totaliza 208 km, cunha conca de drenaxe de cerca de 3.010 km², descrita como unha conca exorreica cunha distribución claramente dendrítica. A súa achega media anual atinxe un volume de 840 hm³, con valores medios de descarga na desembocadura de 25 m³/s.
Réxime hidrolóxico
A pesar de nacer nos Pireneos, o río Ter recibe unha forte influencia dos regueiros das chairas do curso medio e baixo e, por este motivo, compórtase como un río de réxime intermedio, é dicir, presenta crecidas tanto na primavera como en outono.
Afluentes
Entre os principais tributarios do Ter cóntanse:
Encoros
Na conca do Ter hai varias presas: