André, apóstolo

Modelo:BiografíaAndré, apóstolo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀνδρέας Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 6 a. C. Editar o valor en Wikidata
Betsaida (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 60 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Patras (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja dos Santos Apóstolos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patriarca de Constantinopla
38
← sen valor – Estacio, bispo de Bizancio →
Apóstolo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSinope
Nóvgorod
Escitia
Reino do Ponto
Roma Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo e xudaísmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpredicador, misioneiro, pescador Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
ProfesoresXesús de Nazaret Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa30 de novembro Editar o valor en Wikidata
Patrón deRusia, Marinha Imperial Russa (pt) Traducir, Marinha da Rússia (pt) Traducir, fishery (pt) Traducir, transporte marítimo, Escocia, Grecia e Romanía Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
IrmánsPedro Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
século Icrucifixion of Andrew (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 135462558 Editar o valor en Wikidata
Santo André de Gregorio Español na capela de San Roque de Santiago de Compostela.

André Apóstolo foi un xudeu da Galilea do século I, discípulo de Xoán o Bautista e despois de Xesús de Nazaret, que o escolleu como un dos doce para restaurar e xulgar as doce tribos de Israel. É patrón de Constantinopla, Rusia, Romanía, Ucraína, Xeorxia, Escocia e a cidade grega de Patras.

Traxectoria

Nado ao redor do cambio de era en Betsaida Galilea. O seu nome semella indicar un certo proceso de helenización das vilas xudías que estaría chegando a Cafarnaum onde vivía co seu irmán Simón (Pedro, papa) adicado á pesca no lago de Xenesaret.

Desprazouse a Xudea, ás beiras do Xordán, onde Xoán o Bautista anunciaba a necesidade de conversión e bautizaba ó xentío. Segundo o Evanxeo de Xoán, foi o Bautista quen lle dá a coñecer a Xesús, que se desprazara para ser el tamén bautizado.

Consonte o mesmo Evanxeo, é André quen anuncia ao seu irmán Pedro que coñeceu ao Mesías, de aí que a Igrexa Ortodoxa o denomine Protokletos, é dicir, o primeiro chamado. Pola súa banda, o Evanxeo de Mateu e o Evanxeo de Marcos narran que, posteriormente, Xesús, camiñando pola ribeira do lago de Galilea, chama conxuntamente a André e a Pedro, que se atopaban traballando coas redes, para que o seguisen e facelos "pescadores de homes".

Segundo o Capítulo XIII do Evanxeo de Marcos, cando Xesús advirte que o Templo de Xerusalén será destruído, André, abraiado e preocupado, sentado no Monte das Oliveiras fronte ao Templo, pregunta en privado xunto con Pedro, Santiago o Maior, e Xoán cando acontecerá isto. Xesús fala entón das persecucións que sufrirán polos gobernadores e reis e a necesidade de que sexa predicada a Boa Nova a todas as Nacións.

A súa influencia helénica fai que sexa el con outro apóstolo de nome helénico, Filipe, quen presente a Xesús a uns xudeus procedentes da diáspora de fala grega. Hai quen defende que en realidade eran gregos non xudeus que, adheridos ao monoteísmo de Israel, subían a Xerusalén durante a Pascua. Xesús aproveita para confesar a súa turbación pola proximidade da súa morte.(Capítulo XII do Evanxeo de Xoán).

André vivía inmerso no ambiente insurreccional de Galilea, anhelando a liberación de Israel das tiranía de Herodes e das gadoupas do Imperio romano. A súa arela de cambio e conversión para preparar a acción liberadora de Deus, lévao a acudir a chamada de Xoán o Bautista e a seguir a Xesús polas vilas e aldeas de Palestina, sen alforxa nin cartos, anunciando o Reino de Deus aos probes, realizando exorcismos e proclamando a liberación dos oprimidos e o amor ao inimigo.

Cando Xesús se compadece do xentío esfameado que ían tras del e manda aos discípulos que lles dean de comer, é André quen lle indica que hai un rapaz que ten uns poucos pans e uns poucos peixes; preludio do milagre máis masivo realizado por Xesús narrado en todos os evanxeos sinópticos e tamén no de Xoán e que provoca o entusiasmo das xentes que queren proclamar a Xesús Rei.

Sería tamén un dos discípulos que se indignan cando Santiago o Maior e Xoán Evanxelista reclaman para si os primeiros postos, o que provoca a ensinanza de Xesús verbo de quen queira ser o primeiro fágase o servidor de todos.

Cando Xesús é apreixado, foxe xunto cos demais discípulos, agás algunhas mulleres. Pechado e amedrentado con eles ten unha experiencia de resurrección e pentecoste que lle da pulos para predicar a Boa Nova (Evangelion) da salvación a todos os homes.

Eusebio de Cesarea, na súa Historia Eclesiástica, citando a Oríxenes, afirma que André predicou por Asia Menor e en Escitia ao longo das ribeiras do Mar Negro, Gregorio Nacianceno indica Epiro, Teodoro Hellas, existindo tradicións que o fan remontar o Volga e o Dniéper e chegar alén da actual Kíiv.

Os Feitos de San André, un escrito apócrifo dos primeiros séculos do cristianismo, menciona a fundación da Sé de Constantinopla ou Bizancio. O que co tempo daría azos e lexitimidade ao Patriarcado de Constantinopla que disputaría a primacía con Roma, a Sé de Pedro.

Martirio

André apóstolo nunha icona rusa

A tradición sostén que foi martirizado na cidade de Patras en Acaia, Grecia, na costa norte do Peloponeso. Autores como Gregorio de Tours insisten en que foi crucificado mediante ataduras a unha cruz en forma de xe ou en aspas. Suponse que a petición propia por considerarse indigno de ser crucificado de igual xeito que o mestre. A súa lenta agonía permitiulle seguir predicando dende a propia cruz.

Veneración

Santo André é un dos santos máis venerados polas igrexas cristiás; o feito de figurar nos evanxeos o seu nome sempre entre os catro primeiros nos listados dos apóstolos e a narración, no Evanxeo de Xoán, que o fai o primeiro discípulo de Xesús, fundamentan a súa relevancia.

En Galicia é un dos santos máis venerados, patrón de multitude de parroquias e que nas orixes do cristianismo competía con Santiago en importancia. Preto dos acantilados de Vixía de Herbeira, a capela de Santo André de Teixido garda un dedo do apóstolo segundo a tradición do país e a lenda popular. Trátese dun dos grandes centros de peregrinación do pobo galego ata o punto de que se afirma que a Santo André de Teixido vai de morto quen non foi de vivo.

Xerome de Estridón escribiu que as reliquias foron trasladadas de Patras a Constantinopla por orde do emperador Constantino II. En 1208 os cruzados de occidente saquearon Constantinopla e levaron as reliquias de Santo André á cidade italiana de Amalfi cuxa catedral está adicada a este apóstolo. O Papa Paulo VI, como xesto de boa vontade coa Igrexa Ortodoxa, ordenou devolver ás reliquias que se atopaban en Roma á Igrexa Grega, concretamente a Patras.

Bandeira de Escocia, tipo sautor ou cruz de Santo André.

Xeorxia, Romanía, Ucraína e Rusia atesouran tradicións da predicación de Santo André. En Escocia afirmouse a chegada dalgunhas reliquias do apóstolo (lenda do "Breviario de Aberdeen" que conta como San Régulo recibe o mandato de levar as reliquias ao noroeste cara ao fin da terra). A diocese de Saint Andrews aínda celebra o 9 de maio a translación das reliquias. Todo o cal fai que estas nacións o tiveran ou o teñan como patrón. A bandeira escocesa loce a cruz de Santo André (chamada en vexiloloxía de sautor) o mesmo, xa que logo, que a do Reino Unido da Gran Bretaña.

A súa festa celébrase o 30 de novembro.

O santo André en Galicia

O santo André é invocado nos ensalmos contra as nacidas (pústula maligna).

Refraneiro

  • Por Santo André, toma o porco polo pé [1].
  • A santo André de Teixido vai de morto o que non foi de vivo.
  • A santo André van ás veces dous e volven tres.
  • Bieito mes que entra con Santos, meia con San Uxío e remata con Santo André.
  • O que paga a Xan e debe a André, ten que pagar outra vez.

Léxico

  • A Vía Láctea recibe tamén o nome de Camiño, Carreiro ou Pasadas de Santo André.
  • O mes de novembro tamén é chamado mes de Santo André.

Notas

  1. Literatura popular de Galicia, 1881, Juan Antonio Saco y Arce. Ed. De J. L. Saco, Ourense

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!