En 1916 obtivo a Cátedra de Técnica Anatómica da Universidade de Sevilla e a de Anatomía Descritiva na Universidade de Santiago[1]. En 1925 publicou un estudo sobre a arteria carótide no Journal of Anatomy[2]. Fundou o Instituto de Estudios Portugueses e foi vicerreitor da Universidade de Santiago desde o 4 de novembro de 1929 e reitor desde o 29 de marzo de 1930[3], deputado (1931-1933) pola ORGA, caracterizouse polo seu apoio á autonomía de Galicia. Como reitor pretendeu ligar a Universidade coa cultura galega e coa sociedade galega en xeral, favorecendo a súa modernización[4], e desenvolveu a Residencia de Estudantes (un dos colexios maiores leva o seu nome, o CM Rodríguez Cadarso) e o Campus Sur [5].