Jesús María Rodríguez Vázquez, nado en Santiago de Compostela cara a 1857 e finado en Noia o 15 de abril de 1918,[1] foi un médico, xornalista e político galego.
Traxectoria
Fillo de Antonio Rodríguez Gómez e Carmen Vázquez Vázquez. Médico asentado en Noia. Foi fundador e director de El Zumbido. Foi alcalde de Noia de 1895 a 1897, cesando en xuño dese ano.[2] Foi presidente do Casino de Noia de 1912 a 1913.
Vida persoal
Casou en 1886 con Manuela Cadarso Ronquete, irmá de Alejandro Cadarso Ronquete e sobriña do capitán noiés Luis Cadarso Rey, e foi pai de Alejandro, Jesús Juan, José, Emilia, Antonio e Manuel Rodríguez Cadarso.
Notas
- ↑ Gaceta de Galicia, 16-4-1918, p. 1.
- ↑ El Diario de Galicia, 6-7-1897, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas