Formou parte da chamada Segunda Escola de Viena xunto co seu mestre, Arnold Schönberg, e Anton Webern, tamén alumno de Schönberg. Compuxo nos distintos estilos de principios do século XX, pasando polo atonalismo primeiro, e logo polo dodecafonismo, con obras vencelladas á estética expresionista. Foi denominado o Romántico do dodecafonismo porque as súas composicións combinan o romanticismoMahleriano cunha adaptación persoal do dodecafonismo de Schönberg, a súa música ten unha sonoridade que sempre evoca á tonalidade, o espírito romántico e unha inclinación marcadamente dramática e expresiva. As súas obras máis coñecidas son o seu Concerto para violín e as óperasLulu e Wozzeck (composta a partir da obra teatral Woyzeck de Georg Büchner e estreada en 1924 en Viena con grande éxito).