A miña noite con Maud (en francés: Ma nuit chez Maud) é un filme francés de 1969 dirixido por Éric Rohmer. É o terceiro filme (o cuarto segundo a orde de estrea) na serie Contes moraux. Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 42ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.[1]
Estreouse subtitulado en galego o 20 de xaneiro de 2008 a través da TVG.[2]
Sinopse
Na cidade de Clermont-Ferrand, poucos días antes de Nadal, Jean-Louis un enxeñeiro novo e devoto católico que acaba de regresar do estranxeiro, fíxase durante unha misa nunha muller loira e decide nese momento que se converterá na súa esposa. Atopa logo por casualidade a Vidal, un vello amigo comunista, que o invita a unha cea de noiteboa na casa dunha amiga divorciada, Maud. A noite transcorre entre longas conversas sobre o matrimonio, a moral, a relixión, Pascal... Primeiro entre os tres, e despois entre Jean-Louis e Maud, unindo a partes iguais sinceridade e sedución.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
1948–1960 | | |
---|
1961–1980 | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021– | |
---|