A Escravitude é un lugar da parroquia de Cruces, do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 89 habitantes (47 homes e 42 mulleres), o que supón unha diminución respecto a 2006, cando tiña 101 habitantes.
Polo lugar pasa a vía portuguesa do Camiño Xacobeo e mais a liña de ferrocarril que une A Coruña e Vigo, existindo a estación da Escravitude. O elemento máis característico é o santuario da Nosa Señora da Escravitude, do século XVIII.
A Abelina | A Angueira de Suso | O Areal | A Baiuca | Bascuas | Cruces | A Escravitude | O Loureiro | Os Muíños | O Pedroso do Norte | O Pedroso do Vendaval | A Picaraña | Prada | Queiruga | Tarrío | Vigo | O Vilar
Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago)