San Pedro de Carcacía[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 785 habitantes (360 homes e 425 mulleres). Ten unha extensión aproximada de 1,5 km², e por ela pasa o río Ulla.
Foi concello independente entre 1822 e 1834.
Infraestruturas
Existen nela ó redor de 20 empresas. Conta cun campo de fútbol, campo de festas, escolas de Infantil e Primaria, unha casa rural, algúns bares e unha praia fluvial. Ten riquezas arquitectónicas, como son a igrexa, os abundantes cruceiros, fontes e muíños. Nela existen varias asociacións de tipo cultural e deportivas, como son o SD Carcacía, Asociación de Mulleres Rurais, a coral da igrexa, a Asociación Cultural San Pedro de Carcacía, e a asociación cultural Carcacía Grupo Activo (CAR.G.A.).
Festas
Nesta parroquia celébranse, ademais das festas patronais, o Santo Isidro Labrador, Santo Antonio e a nosa Señora do Rosario.
Lugares e parroquias
Lugares de Carcacía
Parroquias de Padrón
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas