Santa María de Herbón é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 666 habitantes (330 homes e 336 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 788 habitantes.
Nesta parroquia está o convento franciscano de Santo Antonio de Herbón, onde se comezaron a plantar os pementos de Padrón.
A Barca | As Casas Baratas | Os Condes | Confurco | Cortiñas | Herbón | A Igrexa | Morono | O Rego da Manga | Riba da Fonte | A Rocha | Santa Cruz
Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago)