San Xoán da Azúmara é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2014 tiña 60 habitantes (29 mulleres e 31 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 97 habitantes.
No século XX houbo no monte de Toxeiros unha mina de arsénico. Estaba en proceso de instalación en 1909[2] e en probas en 1910, co nome de mina de San José.[3] En 1932 estaba en funcionamento,[4] e en 1933 incoouse un embargo contra o propietario, Francis Grisewood, polas súas débedas con Facenda, e subastouse unha máquina da mina.[5] Reactivouse en 1943, durante a segunda guerra mundial, da man da empresa Explotaciones Mineras de Arsénico, S. L.,[6] se ben pechou en 1954.[7] Nese ano as autoridades incautaron para proceder á súa poxa diversos bens debido ás debedas da empresa coa Administración pública.[8]
A Azúmara | Campo do Outeiro | O Corral | Costanza | O Curro de Riba | Escairo | Fonte de Tras | A Fonte do Val | Fontixón | A Igrexa | Monelos