Coea, Castro de Rei

Coea
Casa de Mon en Coea
ConcelloCastro de Rei[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°12′42″N 7°26′04″O / 43.2117, -7.4345
Poboación14 hab. (2019)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Coea é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2010 tiña 19 habitantes (10 homes e 9 mulleres), distribuídos en 4 núcleos de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 26 habitantes.

Historia

Durante a antigüidade atopábase no seu territorio unha gran vila romana. Datábel inicialmente entre os séculos II e III, foi achada en 2020 tras unha prospección arqueolóxica para instalar unha torre de alta tensión.[2] Diferentes achados nas proximidades durante o século XX, como un capitel romano perfectamente conservado entre outras pezas, xa suxerían a súa existencia.[3] As escavacións poderían confirmar que o galego Teodosio I, derradeiro emperador romano de Oriente e de Occidente, procedía da parroquia de Coea, a cal sería a Cauca da Gallaecia que indican as dúas únicas fontes coevas ao emperador: o galego Hidacio e o grego Zósimo.[2][3][4]

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Coea

Lugares da parroquia de Coea no concello de Castro de Rei (Lugo)

A Acea | Ardiz | Coea | O Mesón

Parroquias de Castro de Rei

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!