É unha licenciada en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, escritora, tradutora, editora, crítica literaria e dinamizadora cultural. Autora de literatura infantil e xuvenil, traduciu Memorias de Hadrián de Marguerite Yourcenar e a diversos autores de literatura infantil ao galego. Desde 1996 traballou no Servizo de Tradución da Xunta de Galicia.[2]
Tamén foi vicepresidenta da Asociación Galega de Literatura Infantil e Juvenil (Gálix), coordinando actividades como o Club de Lectura “Gálix tendendo redes”, que trazou unha panóramica sobre a literatura xuvenil.
Ademais foi a encargada de representar a Revista Fadamorgana na selección anual que levaba a cabo a Red de Selección de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez para elaborar un Catálogo Anual dos 100 Mellores Libros de literatura infantil e xuvenil[3].
En 2018 gañou o XV premio Pura e Dora Vázquez de narración da Deputación de Ourense.