Šarūnas Jasikevičius

Modelo:BiografíaŠarūnas Jasikevičius

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Kaunas, Lituania Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Maryland (1994–1998)
Solanco High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura193 cm Editar o valor en Wikidata
Peso89 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata - 2014 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase e Escolta Editar o valor en Wikidata
Adestrado porGary Williams (en) Traducir
Rick Carlisle
Don Nelson Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–1998 Maryland Terrapins
1998–1999 BC Lietuvos Rytas
1999–2000 KK Union Olimpija
2000–2003 FC Barcelona Bàsquet
2003–2005 Maccabi Tel Aviv B.C.
2005–2007 Indiana Pacers
2007–2007 Golden State Warriors
2007–2010 Panathinaikos BC
2010–2010 BC Lietuvos Rytas
2011–2011 Fenerbahçe Ülker
2011–2012 Panathinaikos BC
2012–2013 FC Barcelona Bàsquet
2013–2014 BC Žalgiris Kaunas
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2014–2016 BC Žalgiris Kaunas (segundo adestrador)
2016–2020 BC Žalgiris Kaunas
2020–2023 FC Barcelona Bàsquet Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012
2011Campionato europeo de baloncesto de 2011
2008Xogos Olímpicos de 2008
2007Campionato europeo de baloncesto de 2007
2004Xogos Olímpicos de 2004
2003Campionato europeo de baloncesto de 2003
2001Campionato europeo de baloncesto de 2001
2000Xogos Olímpicos de 2000
1999EuroBasket 1999 (pt) Traducir
1998Campeonato Mundial de Basquetebol Masculino de 1998 (pt) Traducir
1997EuroBasket 1997 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLinor Abargil (2006–2008) Editar o valor en Wikidata
IrmánsVytenis Jasikevičius Editar o valor en Wikidata

Instagram: saras_jasikevicius Editar o valor en Wikidata

Šarūnas Jasikevičius, nado en Kaunas o 5 de marzo de 1976, é un ex xogador profesional de baloncesto lituano. Actualmente é adestrador do FC Barcelona. Cunha altura de 1,93 metros xogaba na posición de base. É un dos xogadores máis laureados do baloncesto europeo, e é o xogador que posúe o maior número de triplas coroas (gañar a liga e copa locais e a Euroliga nunha mesma tempada) obtidas da historia con catro: co FC Barcelona en 2003, co Maccabi Tel Aviv en 2004 e 2005 e co Panathinaikos en 2009. Foi ademais elixido como un dos trinta e cinco mellores xogadores da historia Euroliga.

Traxectoria

Naceu en Kaunas, daquela pertencente á Unión Soviética, ao igual outros grandes xogadores de baloncesto como Arvydas Sabonis, Šarūnas Marčiulionis, Žydrūnas Ilgauskas, Linas Kleiza ou Donatas Motiejūnas. Jasikevicius foise aos Estados Unidos a unha idade temperá, xogando nun instituto de Pensilvania e máis tarde na Universidade de Maryland. Na súa carreira universitaria, ofreceu un rendemento correcto como escolta, mais non convenceu a ningún equipo da NBA e, ao acabar o seu ciclo universitario retorna a Lituania, onde xoga co Lietuvos Rytas na tempada 1998-99. Un ano despois, asina coa Union Olimpija de Eslovenia, onde estivo ás ordes do estrito Zmago Sagadin. "Saras", como é coñecido, consegue ese mesmo ano unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, cando a selección lituana perdeu contra a norteamericana nas semifinais por unha diferenza de tan só dous puntos. Foi a vitoria máis axustada da historia da selección americana de baloncesto dende que empezou a utilizar xogadores NBA, e un triplo de Jasikevicius no último segundo puido supoñer a vitoria para os bálticos.

Despois de aparecer na escena internacional, Jasikevičius asinou co FC Barcelona, onde Aíto García Reneses reconverteuno en base, xogando alí dende o 2000 até 2003. Durante eses anos converteuse nun dos mellores xogadores de Europa, chegando a gañar a Euroliga do 2003 xunto a outras estrelas como Dejan Bodiroga, Juan Carlos Navarro ou Gregor Fučka. Ese mesmo ano gañou o Eurobasket coa selección lituana, gañando na final á España de Pau Gasol sendo elixido mellor xogador do torneo.

Debido aos recortes orzamentarios do equipo de baloncesto do FC Barcelona por parte do novo presidente Joan Laporta, Jasikevičius tivo que abandonar o club, e foi o Maccabi Tel Aviv o equipo co que asinou un novo contrato. Alí gañou dúas Euroliga consecutivas, a de 2003-04 e a do 2004-05. Nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, conseguiu desquitarse da derrota de Sidney, anotando vinte e oito puntos que foron claves para a vitoria contra os Estados Unidos, e marabillando aos estadounidenses co seu xogo, o que propiciou o seu salto á NBA o verán seguinte.

NBA

No verán do 2005, Jasikevičius deu o salto á NBA ao asinar cos Indiana Pacers. O seu estilo de xogo semellaba propicio para obter bos resultados e ter unha proveitosa carreira na NBA. Porén, a súa primeira tempada (2005-06) foi decepcionante para o que se esperaba del, facendo medias de 7,3 puntos e 3,0 asistencias en 20,8 minutos por partido. Na segunda tempada (2006-07) decrecen os seus minutos pero mantense a súa produción (7,4 puntos e 3,0 asistencias en 17,9 min). Despois de 37 partidos, os Pacers inclúeno nun traspaso de oito xogadores a Golden State Warriors no que recibirían a xogadores como Troy Murphy ou Ike Diogu mentres que en San Francisco, Golden State recibe a Al Harrington e Josh Powell, entre outros.

Neste traspaso parecía que "Saras" podía saír incriblemente beneficiado xa que o xogo dos Warriors de Don Nelson era de elevado carácter ofensivo, en contraposición co xogo lento, estático e puramente defensivo dos Pacers de Rick Carlisle. De feito, non eran poucos os que pensaban que o fracaso de Jasikevičius en Indiana era debido á mentalidade defensiva de xogo que quería implementar Carlisle chocando frontalmente co estilo do xogador lituano.

Con todo, Jasikevičius tampouco triunfou en San Francisco, xa que a rotación dos Warriors estaba moi ben definida, e a pesar de que o estilo era perfectamente compatible co seu xogo, non achou minutos, atopándose nunha situación moi parecida á que posteriormente se vería envolvido nese equipo outro europeo: o base italiano Marco Belinelli. Como resultado, na franquía californiana os minutos de Jasikevičius son aínda máis escasos que en Indiana (12,0 min) e o seu rendemento vese drasticamente afectado: 4,3 puntos e 2,3 asistencias por partido.

Retorno a Europa

Finalmente, decide pór fin á súa aventura na NBA e volve a Europa, aterrando na liga grega da man do Panathinaikos, onde gña tres ligas (2008, 2009, 2010), dúas copas (2008, 2009) e outra Euroliga, a de 2008-09, o que supuxo a súa cuarta tripla coroa (gañar a liga, copa e Euroliga nun mesmo ano), o que o converte ademais no xogador que máis conseguiu na historia. En novembro de 2010, tras concluír o seu contrato co Panathinaikos e estar uns meses sen equipo, firma até final de tempada co Lietuvos Rytas, club ao que regresou despois de dez tempadas. Ao ano seguinte, en xaneiro de 2011, asinaría contrato co Fenerbahçe Ülker turco, co que gañaría a liga e a copa nacionais. En setembro de 2011 regresa a Atenas para xogar de novo no Panathinaikos.

Palmarés

Club

Jasikevičius co Panathinaikos.
Jasikevičius co Maccabi.

Internacional

Individuais

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!