Álvaro Rodríguez Eiras, nado en Meira o 4 de abril de 1932, é un político e empresario galego.
Traxectoria
Con só 29 anos, en 1961 foi designado alcalde do concello de Meira, posto que ocupou ata 1966.[1] Unha década máis tarde, en 1971, crea a empresa que leva o seu nome, Álvaro Rodríguez Eiras SL, coñecida polo seu acrónimo Aresa, dedicada á venda de fertilizantes e outros produtos agrícolas.[2]
En 1975 fundou o Club Político de Lugo, unha organización encargada de dar a coñecer as distintas ideoloxías da transición; neses anos presidiu a Confederación de Empresarios provincial de Lugo, da que foi o seu primeiro presidentes. En 1981 impulsou, xunto con outros, a creación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Foi presidente da patronal galega dende 1981 ata 1982, cando foi substituído por Emilio Pérez Nieto.
Galardóns
Vida persoal
Casou con Carlota López Ferreiro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía