Xustás é un lugar da parroquia de Santiago de Xustás, no concello lugués de Cospeito. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 5 habitantes (3 homes e 2 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 2017, cando tiña 6 habitantes.
Localización
Atópase na estrada que une Rozas con Abadín, sendo atravesada polo río Miño na súa gran parte. Ten uns trescentos habitantes.
Topónimo
A orixe do topónimo podería provir do xogo antigo das xustas.
Patrimonio histórico
A capela de Xustás, coñecida co nome de Capela de Reximil, data de finais do século XVI e comezos do XVII. É unha capela pequena, na cal hai un escudo moi significativo, un retablo desta época e o cadaleito de cantería dos seus construtores, descendentes da casa dos Andrade, os cales tamén posuían un pazo, tamén no dito pobo, coñecido co nome de Pazo de Reximil.
Lugares e parroquias
Lugares de Xustás
Parroquias de Cospeito
Notas