Xosé Manuel Baamonde Silva

Modelo:BiografíaXosé Manuel Baamonde Silva
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Ribeira, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

Twitter: xbaamonde BNE: XX4792405 Dialnet: 2297533 Editar o valor en Wikidata

Xosé Manuel Baamonde Silva, nado en Ribeira en 1970, é un profesor e investigador galego. A súa traxectoria profesional estivo ligada á xestión da comunicación no eido empresarial e institucional. En 2015 foi elixido decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

Traxectoria

Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid no 1993. Doutorouse en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2007. É autor de varias obras, como A comunicación no Sector Feiral. Estratexias de organizadores, expositores e visitantes, ou A xestión dun evento único. Crónica do Centenario. Ten publicados artigos en revistas e participado en congresos do sector de comunicación e as relacións públicas. Foi Director de Comunicación da Feira Internacional de Galicia (1994-2004) e Xefe de Gabinete do Concello de Ribeira (2005-2007). Dende 2008, dedicase á docencia na Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación da Universidade de Vigo. É profesor no Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade. As súas áreas de especialización son as relacións públicas, a comunicación solidaria e a organización de eventos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!