A Xornada Mundial da Xuventude de 1989, tivo lugar durante os días 19 e 20 de agosto de 1989 en Santiago de Compostela, Galicia e o 21 de agosto en Covadonga (Asturias).[1] Esta cuarta edición foi a primeira dunha XMX na Unión Europea, agás as dúas primeiras edicións celebradas en Roma en 1984 e 1985, e tamén foi a primeira vez que o evento non se celebrou no Domingo de Ramos, tendo lugar en verán.[2]
Moitos participantes nas Xornadas chegaron ao lugar a pé durante centos de quilómetros ao longo do Camiño de Santiago.[3][4] Por primeira vez en Santiago organizáronse catequesis (o 19 de agosto), sobre os temas "Cristo é o Camiño", "Cristo é a Verdade", "Cristo é a Vida", inspirados no versículo do Evanxeo de Xoán (Xoán 14.6). Entre os responsables da catequesis estiveron Chiara Lubich (fundadora do Movemento dos Focolares), Carlo Maria Martini, don Massimo Camisasca e don Antonio Lanfranchi.[5][6]
A vixilia pechou coa presenza do papa Xoán Paulo II no Monte do Gozo.[7][8][9]Nese lugar erixiuse máis tarde un monumento en memoria da visita papal,[10] que foi retirado no ano 2021 polo seu mal estado de conservación.[11]