Após os boicots ocorridos nos xogos anteriores en Montreal, Moscova e Os Ánxeles, estes Xogos tiveron a presenza de estados de todo o planeta, a excepción de Corea do Norte, a súa veciña comunista, que non tivo atendido o seu pedido para unha co-participación como sede olímpica e de Cuba.
Países como Etiopía, Illas Seychelles e Nicaragua tampouco participaron debido a dificultades económicas para enviaren os seus equipos.
Os Xogos de Seúl lémbranse polo seu suceso máis escandaloso: o dopaxe do velocista canadenseBen Johnson, que conseguira unha medalla de ouro e unha marca mundial na proba dos 100 metros lisos.