Xoaquín Álvarez Corbacho, nado no Grove o 19 de abril de 1942 e finado no mesmo concello o 23 de xuño de 2021, foi un político, economista, ensaísta e investigador galego.
Traxectoria
Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou estudos nas Universidades de York e Leicester. De mozo foi tamén futbolista, pasando por clubs como o Real Club Celta (de 1960 a 1964)[1] ou o Racing de Santander. [2] Militou no PCG,[3] e foi o primeiro alcalde do Grove da democracia co PCG (1979-1981).[4] Durante o seu mandato conseguiu da condesa de Fenosa a cesión dunha parte importante da illa da Toxa ao concello do Grove.[5]
Foi catedrático de Facenda Pública da USC, vicerreitor de Asuntos Económicos na USC (1985-1990)[4] e catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e, tamén, foi conselleiro do Consello de Contas de Galicia.[6][7]
As súas investigacións centrábanse na teoría do federalismo fiscal, as facendas territoriais[8], a economía da educación e os efectos económicos das infraestruturas do transporte. Foi un experto en municipalismo.[4]
Obras
Ensaio
Obras colectivas
- La nueva hacienda local, 1990, Fundación Caixa Galicia. Con Perfecto Yebra
- Efectos económicos de la Autopista del Atlántico, 1996, IDEGA-ENA. Con Emilio Pérez Touriño (director)
- Infraestructuras y desarrollo regional, 1997, Civitas. Con Emilio Pérez Touriño (director)
- Los efectos económicos de las autovías de Galicia, 1998, Instituto de Estudos Económicos de Galicia, Fundación Barrié. Con Emilio Pérez Touriño
- Chaves da economía pública galega, 2006, Editorial Galaxia. Con Albino Prada
- Territorio, financiamento e control de gasto, 2008, Galaxia. Con Santiago Lago Peñas.
Recoñecementos
En 2013, recibiu un dos Premios 10 de Marzo[11], entregado pola Fundación 10 de Marzo e o Sindicato Nacional de CCOO de Galiza.[12]
Vida persoal
Era fillo de Joaquín Álvarez Lores.
Notas
- ↑ Fernando Rey Tapias (18 de maio de 2021). Vídeo con entrevista sobre a súa vida deportiva (youtube).
- ↑ Ficha de Joaquín Alvarez na web Yo jugué en en Celta, consultado o 6 de marzo de 2013
- ↑ Baamonde, Antón (24 de xuño de 2021). "Xoaquín Álvarez Corbacho, un economista luminoso". eldiario.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Redacción (26 de xuño de 2021). "El catedrático Xaquín Álvarez Corbacho falleció en O Grove, donde había sido alcalde". mundiario.com (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ "Se nos fue Álvarez Corbacho". lavozdegalicia.es. Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ Salgado, Fernando (24 de xuño de 2021). "Se nos fue Álvarez Corbacho". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ González, Serxio (23 de xuño de 2021). "Xaquín Álvarez Corbacho, el alcalde comunista de O Grove que jugó en el Celta". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021.
- ↑ "Un economista heterodoxo". Praza Pública. 2021-06-28. Consultado o 2021-06-28.
- ↑ Manuel Vázquez Sola (16 de abril de 2015). Video con breve entrevista sobre este libro (youtube).
- ↑ "A herdanza de Xaquín Álvarez Corbacho". Tempos Novos. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-29.
- ↑ "CCOO lamenta o falecemento do compañeiro Xaquín Álvarez Corbacho, colaborador activo do sindicato e da súa fundación". CCOO Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-30.
- ↑ Redacción (23 de xuño de 2021). "Pesar polo falecemento de Xaquín Álvarez Corbacho". nosdiario.gal. Consultado o 24 de xuño de 2021.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
- ↑ "Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela /C.Completo". 193.144.75.24. Consultado o 2021-06-28. [Ligazón morta]