A palabra xantina deriva do grego xanthos, que se traduce como "amarelo", en virtude dos residuos amarelos producidos por estes compostos cando se quentan até o desecado con ácido nítrico.
Tipos de xantinas
Desde o punto de vista médico e farmacolóxico, existen tres xantinas de importancia: a cafeína, a teobromina e a teofilina, que son as tres, xantinas metiladas, polo que tamén se denominan metilxantinas. Son consideradas alcaloides, xa que son substancias fisiolóxicamente activas, continentes de nitróxeno e atópanse en plantas e nalgúns tecidos humanos; non obstante, chegan a diferir das bases alcaloides en que son lixeiramente solubles en auga. A importancia concedida a estes compostos deriva da interpretación do seu nome: teobromina, "comida divina"; teofilina, "folla de deuses" e cafeína, que vén da palabra árabe para designar o viño.