As súas follas son trifoliadas. As flores son pequenas e brancas[2]. O seu froito posúe gran cantidade de cafeína (chamada guaraína cando falamos de guaraná) e, debido ás súas propiedades estimulantes, úsase na fabricación de xaropes, barras, pos e bebidas refrixerantes. Ten a casca vermella e, cando madurece, deixa aparecer a polpa branca e as súas sementes, que se asemellan a ollos. Na rexión próxima ao municipio de Maués, onde é cultivado, os indios da nación saterê-mawé teñen lendas sobre a orixe da planta.
Bebidas
En Galiza non son comúns as bebidas feitas con extractos de guaraná. Porén en Portugal prodúcense bebidas refrixerantes de guaraná desde o final da década de 1990, sendo inicialmente importados do Brasil. O refrixerante de guaraná máis vendido do mundo é o Guaraná Antarctica, producido desde abril de 1921 no Brasil.
As tribos de Munducurucânia eran as mais prósperas dos indios. Vencían todas as guerras, as pescas eran óptimas, os peixes, os mellores e a doenza era rara. Todo iso por causa dun curumim (neno) que, hai algúns anos, nacera naquela tribo. O cativo era o máis protexido de todos. Nas pescas, era acompañado por moitos - os pescadores desviaban dos ríos as pirañas, caimáns ou calquera outro perigo. Mais, certo día, toda a seguranza foi en balde: o Xenio do Mal apareceu en forma de axóuxere e feriu o mozo. A tribo entrou en lamentación e en desespero.
Tupã, o Deus dos indios, atendeu a todo aquel lamento e dixo:
- Tirade os ollos do curumim e plántádeos na terra firme, regádeos con bágoas durante catro lúas e alí ha nacer a "planta da vida", ela dará forza aos mozos e afouteza aos vellos.
Os xamáns non dubidaron, arrincaron e plantaron os ollos do curumim e regaron con bágoas durante catro lúas.
Naceu alí unha nova planta, travesa como os nenos, con talos escuros e sucados como os músculos dos guerreiros da tribo. Cando a planta frutificou, amosou os seus froitos acibeche, envoltos dun arilo branco con dúas cápsulas de cor vermella viva. Dicían os indios:
- É a multiplicación dos ollos do príncipe!
E o froito trouxo o progreso da tribo. Axudou aos vellos e deu máis forza aos guerreiros.[5].
Propiedades
O guaraná é rico en substancias funcionais, entre elas a cafeína, a teobromina, a teofilina e outras. Algúns efectos atribuídos ao consumo de guaraná é o de que é afrodisíaco, ten acción tónica, é adstrinxente, febrífugo, diurético e serve para o cansazo físico e mental etc.[6]
En Serbia e noutros países do Leste de Europa, fabrícase unha bebida enerxética á base de guaraná, comercializada con este nome, aínda que, no canto do gusto doce do refrixerante, ten un sabor amargo e efecto cardioacelerador.
Notas
↑"Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
↑ 2,02,12,2FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edición. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p.873