O voo 797 de Varig era un voo dende Abidjan, Costa do Marfil a Río de Xaneiro, Brasil. O 3 de xaneiro de 1987 o Boeing 707-320C que operaba a ruta esnafrouse contra a terra, matando aos 12 tripulantes e a 38 dos 39 pasaxeiros.[1]
Cando saíu de Abidjan o aparello comezou a ter problemas co seu motor número 1 (na á esquerda).[1] Mentres regresaba o avión esnafrouse nunha xungla a 18 quilómetros do aeroporto.[2] O lugar do accidente foi unha plantación de caucho.
Catro días despois do desastre, Ahmad Wansa, un cidadán británico ferido no accidente, morreu a bordo dun avión de Swiss mentres chegaba a París; estaba sendo transferido a unha unidade de queimados nun suburbio de París. O único supervivente foi o profesor da Universidade de Costa do Marfil Neuba Yessoh,[3] que tiña queimaduras en menos do 20% do seu corpo.[2]
Notas