Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Vilachá.
San Mamede de Vilachá, popularmente chamada tamén Vilachá de Salvadur[2], é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2011 tiña 64 habitantes (139 habitantes en 1991), agrupados en catro entidades, cunha densidade media de 5,42 hab./km².
Linda coas parroquias de Liñares polo norte, Quintá de Lor e Augas Mestas polo leste, Torbeo polo sur, e Rozavales e Vilamarín polo oeste. O topónimo procede do latín VILLAM PLANAM, "vila situada nun lugar chan".
Patrimonio
- Igrexa de San Mamede de Vilachá, que foi construída no s. XVIII. A fachada ten unhas escaleiras exteriores para acceder ó campanario. A sancristía acaroada ó presbiterio. Ten retablos e esculturas no interior.
- Miradoiro da Capela, no Canón do Sil.
- Adegas de Vilachá de Salvadur, que son das máis antigas da Península Ibérica. Nelas celébrase, o primeiro domingo de maio de cada ano, a Cata do Viño de Vilachá.
Festividades
- Cata do Viño, o primeiro domingo de maio.
- Festas de San Mamede: os días 7,8 e 9 de agosto.
Lugares e parroquias
Lugares de Vilachá
Parroquias da Pobra do Brollón
Notas
Véxase tamén
Outros artigos