Parada dos Montes, A Pobra do Brollón

Parada dos Montes
ConcelloA Pobra do Brollón[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°34′25″N 7°16′21″O / 42.573728, -7.272367
Área9,41 km²
Poboación27 hab. (2017)
Densidade2,87 hab./km²
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Einés de Parada dos Montes é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2007 tiña 34 habitantes (64 en 1991) agrupados nas entidades de Couso, Parada dos Montes e Río de Bois, cunha densidade media de poboación de 6,8 hab/km².

Xeografía

Linda coa parroquia de Saa polo noroeste, Vilamor polo nordés e leste, Salcedo polo sur, e Lamaigrexa e Saa polo oeste.

Historia

Dise que a aldea de Parada dos Montes non estaba onde está agora. Seica un día houbo un señor que necesitaba axuda e dixo que a aldea que non o escoitase e non acudise a axudalo sería cambiado de lugar. Parada dos Montes non acudiu e polo tanto foi cambiado para onde está agora. Aínda se conserva o nome dalgún campo onde se supón que estaba antes a aldea.

A principios do século XV chegaban a estes lugares os arrendatarios do mosteiro de Meira, pertencente á orde do Císter.

Patrimonio artístico

En Parada dos Montes os tellados das casas están unidos e superpostos para poder circular os días de nevadas intensas e protexerse mellor da intemperie.

  • Igrexa de Santa Einés: o templo parroquial é do século XIX pero conserva un retablo neoclásico procedente do convento das Clarisas de Monforte de Lemos.

Festas

As festas parroquiais celébranse na honra a Santa Einés, cara ao 21 de xaneiro. A festa non se celebrou durante 25 anos pero recuperouse no 2007.

Lugares e parroquias

Lugares de Parada dos Montes

Lugares da parroquia de Parada dos Montes no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo)

Couso | Parada dos Montes | Río de Bois

Parroquias da Pobra do Brollón

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Piño (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá (San Mamede)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!