Vicente Vázquez González, nado en Baiona e finado en Gondomar o 26 de abril de 1971[1], foi un industrial e político galego.
Dedicou a maior parte da súa vida ás súas empresas, entre as que destacaron unha ferraxaría en Baiona e un bar, así como a fábrica de gasosas Cruz Verde en Gondomar. Alcalde accidental na ausencia do por aquel entón alcalde José Rodríguez de Vicente, na ditadura de Primo de Rivera, dende outubro de 1929 ata a formación dunha nova corporación en febreiro de 1930, sendo substituído por Julián Revollar[2]. Foi alcalde de Baiona durante a Segunda República e despois de Gondomar no franquismo (1947-1949)[3]. Foi condecorado coa Gran Cruz da Orde de Cisneros.
Casou con Isabel Rodríguez Ante.