Venéridos
Os venéridos (Veneridae) son unha ampla familia de moluscos bivalvos heterodontes da orde dos veneroides e superfamilia dos Veneroidea.
Comprende máis de 500 especies, moitas das cales son comestibles e explotadas como fonte de alimento. As máis coñecidas son as ameixas.
Características
As principais características desta familia son as seguintes:
- Posúen un ligamento posterior externo.
- Presentan unha área anterior ben marcada, chamada lúnula.
- Posúen tres estruturas encaixables, os dentes cardinais, na parte superior de cada valva, e mais dentes laterais anteriores ós dentes cardinais nalgunhas especies: un na valva esquerda e dous na valva dereita.
- As marxes inferiores internas das valvas poden estar finamente dentadas ou ser lisas.
- A superficie da cuncha tende a ser concéntrica, se ben tamén hai ornamentacións radiais e bifurcacións. En ocasións aparecen espiñas.
Galería das ameixas galegas
Clasificación taxonómica
Segundo o Integrated Taxonomic Information System (ITIS) clasifícanse nos seguintes xéneros:[1]
- Agriopoma Dall, 1902
- Amiantis Carpenter, 1884
- Anomalocardia Schumacher, 1817
- Callista Poli, 1791
- Chamelea Morch, 1853
- Chione Megerle von Mühlfeld, 1811
- Chionista Keen, 1958
- Circomphalus Klein, 1853
- Clausinella J. E. Gray, 1851
- Compsomyax Stewart, 1930
- Cyclinella Dall, 1902
- Dosinia Scopoli, 1777
- Gafrarium Roding, 1798
- Gemma Deshayes, 1853
- Globivenus Coen, 1934
- Gouldia C. B. Adams, 1847
- Humilaria Grant & Gale, 1931
- Irus Schmidt, 1818
- Irusella Hertlein & Grant, 1972
- Liocyma Dall, 1870
- Lirophora Conrad, 1883
- Macrocallista Meek, 1876
- Mercenaria Schumacher, 1817
- Nutricola Bernard, 1982
- Parastarte Conrad, 1862
- Periglypta Jukes-Browne, 1914
- Pitar Römer, 1857
- Protothaca Dall, 1902
- Puberella Fischer-Piette & Vukadinovic, 1977
- Saxidomus Conrad, 1837
- Tapes Muhlfeld, 1811
- Timoclea Brown, 1827
- Tivela Link, 1807
- Transennella Dall, 1883
- Venerupis Lamarck, 1818
- Venus Linnaeus, 1758
A sistemática desta familia é obxecto de controversia. Keen estableceu unha clasificación en 1969 en 12 subfamilias. Algúns xéneros foron reclasificados noutras subfamilias e outros foron anulados para outorgarlles outra denominación actualizada. Por todo isto a clasificación taxonómica dos venéridos cambia segundo a bibliografía consultada.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Keen, A. M. (1969): "Superfamily Veneracea". pp. 670–690, in: Leslie Reginald Cox et al., Part N [Bivalvia], Mollusca 6, vols. 1 and 2: xxxvii + 952 pp. Part of Raymond C. Moore, ed., Treatise on Invertebrate Paleontology. Lawrence, Kansas (Geological Society of America & University of Kansas).
Outros artigos
Ligazóns externas
|
|