O nome de ameixa é denominación común dun grupo de moluscosbivalvos de alto interese comercial e de morfoloxía semellante aínda que pertencen a especies diferentes. A superficie da cuncha é substancialmente lisa e de cores variables. Viven soterrados a escasa profundidade nos fondos areosos do mar, malia que hai especies que viven en augas doces.
As ameixas pertencen a especies diferentes da familia Veneridae.
Morfoloxía
Como tódolos moluscos bivalvos, posúen un corpo brando, cuberto cun manto, e protexido por unha cuncha formada por dúas valvas equiláteras artelladas entre si por unha estrutura característica denominada charneira. Poden pecha-las valvas voluntariamente mediante uns músculos, denominados ligamentos, que deixan na cara interior da cuncha unha marca que serve para a identificación da especie. A apertura das valvas é un acto consecuente á relaxación deses músculos.
A cuncha é de cor variable, desde branca amarelada a case negra, segundo a especie e as características do medio no que viven, normalmente con bandas de cor máis escura có resto. Presenta unhas estrías, máis ou menos marcadas, características de cada especie, que se denominan radiais ou transversais (desde o vértice ó bordo da cuncha) e concéntricas ou lonxitudinais, paralelas ó bordo. Estas últimas son as estrías de crecemento, a modo dos aneis das árbores.
Anatomía
A cara interior da cuncha está recuberta polo manto, que deixa tamén unha marca, a impresión paleal, máis ou menos paralela ó bordo da cuncha. O debuxo desta impresión tamén axuda na identificación da especie.
Protexido pola cuncha e o manto está o corpo do animal, formado pola masa visceral (aparato dixestivo e reprodutor) e as branquias. Da masa visceral sobresae o pé, órgano de natureza muscular, dunha forma que lembra un machado, que lle serve para desprazarse e para enterrarse na area. Pola presenza deste pé, os bivalvos tamén recibiron o nome de pelecípodos.
As branquias son dúas láminas pregadas, provistas de cilios, que conforman unha tupida rede que retén as partículas que arrastra a auga. A estas branquias en lámina débenlle os bivalvos o nome de lamelibranquios.
Outro órgano característico das ameixas son os sifóns, que se abren na parte posterior do corpo (a oposta ó pé). Son dous tubos que poden estar separados ou soldados en toda a súa lonxitude ou en parte, segundo a especie, e cos que o animal toma e expele a auga, por cadanseu sifón, para alimentarse e respirar. O sifón inferior é o inhalante e o superior é o expelente ou anal.
Bioloxía
As ameixas aliméntanse por filtración. Xa vimos como toman auga polos sifóns, que é filtrada polas branquias para rete-lo alimento, formado fundamentalmente por algas diatomeas e materia orgánica presente no sedimento areoso no que viven.
Este tipo de alimentación por filtración implica que tamén reteñan as bacterias presentes na auga procedentes da contaminación mariña de orixe fecal, coliformes e salmonelas fundamentalmente. A presenza destes xermes nas ameixas obriga á súa depuración antes da súa comercialización e consumo, operación que pretende reduci-lo nivel de contaminación microbiana a límites seguros.
Hábitat
A temperatura e salinidade da auga determinan o volume de auga que filtran e, por conseguinte, a cantidade de alimento que inxiren. A temperatura óptima da auga para un maior crecemento corporal oscila entre os 10 e os 20 °C, aínda que toleran niveis de temperatura máis amplos. A igualdade de condicións, a ameixa babosa e a xaponesa ou de cultivo presentan un crecemento maior có da ameixa fina. Pola mesma razón, aquelas son máis sensibles a temperaturas e salinidades baixas.
Os predadores naturais das ameixas son os cangrexos de mar, certos peixes (como a dourada), as estrelamares e pequenos caracois perforantes. Tamén, pero en menor grao, algunhas aves mariñas.
Reprodución
As ameixas son especies con sexos separados, é dicir, hai exemplares machos e femias. A reprodución é estacional, cunha fase de repouso sexual de outubro a marzo e unha fase de desove de xullo a agosto, cando a auga alcanza temperaturas de 18 a 21 °C. Na ameixa babosa o desove prodúcese na primavera, pero pode repetirse en outubro.
A fecundación é externa. Trala fecundación dos gametos, os ovos quedan suspendidos na auga, formando parte do zooplancto. Ós dez días dan lugar a unha larva veliger que nada na auga durante un tempo ata que o peso da cuncha lle fai caer ó fondo. Fíxase a unha pedra, gran de area ou calquera corpo sólido, onde continúa crecendo e mudando.
Especies comerciais
Na listaxe que segue relaciónanse as especies de ameixas comercializadas en Galicia, así como outros moluscos semellantes que se poidan confundir con aquelas. Tamén citaremos outros moluscos non comestibles presentes nas nosas costas e comecidos como ameixas.
Resulta imposible incluír nesta listaxe outras especies de ameixas, comestibles ou non, presentes nas augas doutros países xa que sería necesaria unha relación inacabable e, aínda así, incompleta.
O marisqueo representa en tódalas rías galegas unha actividade pesqueira fundamental para a economía das poboacións da nosa costa. Reporta unha considerable fonte de ingresos ó dar traballo a un elevado número de persoas, tradicionalmente mulleres, á vez que fornece unha variada economía indirecta a través das industrias pesqueiras ou alimentarias relacionadas cos moluscos.
Artes e métodos de pesca
Podemos dividi-los métodos do marisqueo en dous grandes grupos, cada un deles coas súas variantes segundo a especie que se pretende capturar e tamén segundo os usos e costumes do porto no que se utilizan:
Marisqueo a pé
Marisqueo a flote
O marisqueo a pé persegue a obtención da moluscos presentes na praia (ameixa, berberecho) ou nas rochas (mexillón, percebe) nas fases de baixamar. Tamén se chama ir á seca.
Canto ó que aquí nos interesa, utilízase o sacho, equivalente en todo á mesma ferramenta usada na agricultura. Con el, os mariscadores cavan na area para deixar o molusco ó descuberto.
Outro trebello utilizado sería o angazo, máis propio de moluscos máis superficiais, coma o berberecho. No caso de zonas que non quedan totalmente ó descuberto pero aínda así permiten o marisqueo a pé pode utilizarse o salabardo, especie de rede de man na que se vai botando a area e que retén o molusco.
Tamén se usa o fouciño, similar ó de uso agrícola, co que se escava a area seguindo o burato que deixa os sifóns da ameixa.
O marisqueo a flote é o método adecuado para a captura de moluscos que medran por debaixo da liña de marea. As artes utilizadas son o rastro ou angazo e o raño. Basicamente consisten nun angazo que leva unido un copo feito de rede de corda -no rastro- ou de variñas metálicas -no raño-, e dotado dunha longa vara ou mango que pode chegar a medir 8-9 metros. O mariscador lanza a arte ó mar e achégaa cara á chalana arrastrándoa contra o fondo, de modo que no copo van quedando os moluscos (e cando corpo sólido atope maior ca malla). Ó chegar ó pé da barca, súbea a bordo e escolle o molusco.
Cultivo
Ata hai ben pouco, o cultivo das ameixas nas rías galegas limitábase realmente a un proceso de engorde, mediante parques de cultivo (concesións pesqueiras acoutadas no espazo intermareal) nos que se ían botando os exemplares de pequeno tamaño que se capturaban nas accións do marisqueo e esperábase a que alcanzaran un tamaño comercial. Pouco a pouco, segundo aumentaba a rendibilidade deste recurso pesqueiro, os mariscadores foron introducindo melloras produtivas e coidando máis a produción, mediante o arado do fondo de area para mellora-la aireación, control e eliminación de predadores e competidores (algas e estrelamares), eliminación de exemplares mortos etc.
Posteriormente comezouse coa introdución de cría, procedente de criadeiros industriais, de zonas de maior produción ou importada de países que, como Italia coa ameixa xaponesa, producían grandes cantidades de semente. Estes exemplares pequenos botábanse na area do parque, onde medraban ata o tamaño comercial.
Na actualidade, o cultivo de ameixas está moito máis tecnificado. Xa existe a posibilidade de manter en criadeiros os exemplares adultos, reprodutores, para producir ovos fecundados que comezan o crecemento en condicións controladas de temperatura, auga e subministración de plancto. Estes criadeiros fornecen ós mariscadores da semente para os seus parques.
O cultivo realízase en dúas fases: unha primeira de preengorde, desde tamaños de 3–5 mm ata alcanzar os 12–15 mm; e unha segunda de engorde, ata o momento da comercialización.
A fase de preengorde pode realizarse directamente sobre a area do parque, protexéndoa cunha rede tupida, ou dentro de bandeixas, caixas ou estanques que se enchen de auga ó subi-la marea. En calquera dos dous sistemas cómpre revisa-la instalación con moita frecuencia para eliminar predadores (especialmente cangrexos) e algas, que impedirían a osixenación.
Na fase de engorde, bótanse as pequenas ameixas – de 12–15 mm de lonxitude- directamente na area do parque de cultivo, sendo necesarias menos precaucións. Nun prazo de 13-14 meses, na ría de Arousa, poden alcanzar o talle mínimo para seren comercializadas.
Comercialización
Aspectos sanitarios: depuración
As ameixas, coma o resto dos moluscos bivalvos, aliméntanse por filtración do plancto presente na auga xunto coas partículas de materia orgánica que aquela poida arrastrar. Esta auga é filtrada polas branquias quedando retidas todas estas partículas, que lle serven como alimento.
O problema é que na auga de mar tamén existen microorganismos (bacterias e virus) que tamén son retidos no intestino e outros órganos do molusco, e algúns deles proceden de verteduras fecais urbanas e poden resultar patóxenos para o consumidor, sobre todo se se comen crus ou sometidos a tratamentos térmicos suaves (ó vapor).
Por este motivo resulta obrigatorio someter a tódolos moluscos bivalvos procedentes de zonas de produción contaminadas a un proceso de depuración antes de seren comercializados para o consumo. Esta operación ha de realizarse en establecimientos rexistrados e controlados polas autoridades sanitarias.
Ata 1993 a depuración só era obrigatoria para os moluscos susceptibles de seren consumidos en cru ou pouco cociñados (mexillón, ostra, ameixas e berberechos), pero na actualidade este tratamento debe aplicarse a calquera especie, independentemente do tratamento culinario ó que se vaia someter.
Ademais dunha posible contaminación microbiolóxica, emendable mediante o citado proceso de depuración, cabe menciona-lo perigo derivado da presenza nos moluscos de biotoxinas mariñas, a consecuencia da inxestión de determinadas algas diatomeas cuxo crecemento produce no mar as chamadas mareas vermellas. Este problema sanitario non pode solucionarse mediante a depuración nin desaparece tras ningún outro tratamento de conservación ó que se poida somete-lo molusco (conxelación, esterilización en conservas etc.) nin tralo tratamento culinario. A única forma de controlar e evitar unha intoxicación dos consumidores é impedir a chegada ó mercado de moluscos con toxina, mediante o peche das zonas de produción e a prohibición de extracción durante os episodios tóxicos.
Caracteres de frescura
A identificación dos caracteres de frescura das ameixas e doutros moluscos baséase na comprobación de que estean vivas. Unha vez morto o molusco, a descomposición e o crecemento de xermes é rapidísimo.
Para iso debemos comprobar que, en fresco, todas manteñan as valvas fortemente pechadas, como proba do seu mecanismo de defensa para conserva-la auga intervalvar ó atoparse fóra da auga. Poden observarse exemplares coas valvas abertas, pero se están vivas pecharanas inmediatamente ó tocarlles na cuncha. Esta comprobación é moi fácil de realizar durante o proceso de desbabado. Por conseguinte, deben rexeitarse os moluscos que manteñan as valvas abertas.
Se forzámo-la cuncha e abrímo-las valvas, o líquido intervalvar debe ser abundante, limpo e de olor fresco, a mar, e agradable. Calquera cheiro desagradable debe ser motivo de rexeitamento.
Unha vez cociñadas, a temperatura de cocción provoca a apertura das valvas, polo que deberán rexeitarse aquelas que as manteñan, despois da cocción, pechadas.
Presentación á venda
As ameixas comercialízanse de diversas formas: en fresco (vivas), conxeladas ou en conserva. En calquera caso, deben proceder de establecementos autorizados para ter garantías de que a obtención e elaboración estivo sometida ós necesarios controis sanitarios da propia empresa (autocontrol) e da Administración (control oficial).
En fresco (vivas)
As ameixas vivas expéndense en bolsas de malla de distintos tamaños, normalmente de 1–2 kg, aínda que está permitida a apertura da bolsa no comercio retallista para a súa venda fraccionada. Procederán necesariamente dun centro de depuración (non da lonxa nin directamente do mariscador) e estarán sempre amparadas coa correspondente etiqueta, exposta ó público.
Entre os datos que achega a etiqueta ó consumidor os máis importantes son os seguintes:
A identificación da especie de que se trate, mediante o seu nome comercial e o científico.
A identificación do establecemento de depuración, mediante o seu nome e enderezo ou, como mínimo, mediante o seu número de rexistro sanitario (as letras nas que este remata indican a provincia na que se localiza). Insistimos en que este dato non ten por que coincidir coa orixe dos moluscos, xa que a empresa puido importalos de calquera sitio.
A indicación da orixe do molusco, mediante a expresión “Galicia”, “España” ou a indicación da zona de produción ou zona FAO. A modo de exemplo, a zona FAO 27 corresponde a toda a costa atlántica europea.
A data de envasado, expresada con día, mes e ano.
A data de caducidade, expresada directamente ou mediante a lenda "estes animais deben estar vivos no momento da súa venda” (para comprobalo, ve-lo apartado anterior). Normalmente, calcúlase unha vida útil de 3-5 días e sempre que estean conservadas en refrixeración.
As condicións de conservación, en refrixeración.
Resulta habitual que as etiquetas dos moluscos inclúan unha numeración seriada, aínda que a lei non o esixe expresamente na actualidade. Ese dato axudará a mante-la rastrexabilidade do lote en caso de que aconteza un problema sanitario.
Conxeladas
Outra forma de presentación comercial, menos frecuente, é como produto conxelado, con ou sen cuncha. Por evidentes razóns de prezo, o máis habitual é que estas ameixas conxeladas sexan foráneas, procedentes do Perú, Chile ou o sueste asiático.
Como todo produto conxelado, recoméndase desconxelalas en frigorífico para reducir perdas nutritivas, e nunca reconxelar despois as sobrantes.
En conserva
Por último, hai tamén no mercado ameixas en conserva, normalmente presentadas ó natural, é dicir, con auga e sal, simplemente. Polas mesmas razóns que mencionamos antes, a maior parte das ameixas en conserva que podemos atopar no mercado son chilenas.
A norma de calidade para o mexillón, ameixa e berberecho en conserva[1] establece que poden presentarse enteiras ou en anacos; que deberán estar limpas de restos de cuncha, areas etc.; e que presentarán un olor, sabor, aspecto e cor característicos da especie de que se trate.
A información nutricional referida ás ameixas é, coma noutros alimentos, variable segundo a fonte que se consulte. O cadro que segue reproduce os valores medios calculados, naturalmente, por 100 gramos de porción comestible:
Na bibliografía especializada poden atoparse innumerables formas de prepara-las ameixas na cociña, e calquera listaxe sería incompleta. Resumindo moito, podemos comelas crúas, abertas ó vapor ou cociñalas en sopa ou guisadas, con arroz, con fideos, con fabas, acompañando pratos de peixe, en caldeirada etc.
Sexa cal sexa a forma na que se consuma, crúas ou cociñadas, o primeiro paso debe ser sempre unha limpeza para elimina-las areas que poidan conter. Esta operación previa de limpeza ou desbabado permitiranos, ademais, elimina-los exemplares rotos e mortos e posibles restos de cunchas, algas etc.
Para limpa-las ameixas hai que metelas dentro dun recipiente con auga fría ou morna, con sal, durante non menos de 60 minutos. Hai quen aconsella botar sobre a auga unha cullerada de maicena ou un chisco de aceite, coa fin de acelera-la expulsión das areas. Outros recomendan recorrer a un chorro de vinagre.
A continuación, procederemos a un lavado externa da cuncha, baixo un chorro de auga fría, para escoalas despois sobre un coador.
A ameixa fina, fundamentalmente, e tamén a babosa poden consumirse en cru, presentadas sobre un fondo de xeo e co sabor engadido dunhas pingas de limón. Aínda que alguén di que ese limón ten como segundo obxectivo unha certa desinfección do molusco, a realidade é que non cumpre ningunha outra función cá exclusivamente sápida.
Entre as preparacións culinarias, quizais a de máis raigame sexa á mariñeira. A que segue é a receita típica de preparalas na festa da ameixa do Carril.
Despois de lavar ben as ameixas, póñense ó lume nun recipiente con auga de mar, retirándoas coa escumadeira segundo se van abrindo. Simultaneamente, faise un rustrido de cebola e allo picado, ó que se engade fariña triga, removendo ata que quede perfectamente disolta, e logo parte da auga na que se coceron as ameixas, viño branco, zume de limón e unha guindilla ou pemento doce.
Polo seu interese histórico cabe citar que Manuel María Puga y PargaPicadillo, afamado escritor e gastrónomo galego, recolleu un total de 10 receitas a base de ameixas na súa obra clásica La cocina práctica (1905), entre elas unhas almejas de restaurante, que non son outra cousa que as nosas ameixas á mariñeira.[2]
Un dos pratos máis típicos da gastronomía portuguesa son as ameixas á Bulhão Pato.[3]
Boris Premužic Persoonlijke informatie Volledige naam Boris Premužic Geboortedatum 26 december 1968 Geboorteplaats Ljubljana, Joegoslavië Sportieve informatie Huidige ploeg Gestopt Specialisatie(s) Etappekoersen Ploegen 2000–200120022004–2005 KRKA-TelekomPerutnina PtujSava Kranje Portaal Wielersport Boris Premužic (Ljubljana, 26 december 1968) is een voormalig Sloveens wielrenner. Hij won in 1993 de eerste editie van de Ronde van Slovenië. Erelijst 1993 Eindklassement Ro...
Para otros usos de este término, véase Virgen Negra. Nuestra Señora de Częstochowa Estampa de Nuestra Señora de CzęstochowaOrigenLocalidad Jasna Góra, Constantinopla, Jerusalén y BelzSantuario Jasna GóraDatos generalesVeneración Iglesia Católica Devoción MundialFestividad 26 de agostoSimbología HodegetriaPatrona de Patrona de los polacos metrópolis de Częstochowa, la ciudad de Częstochowa, de los pintores, de los estudiantes de preparatoria, de las niñeras, de los abogad...
Spei Yan BidanaBupati Pegunungan Bintang ke-3PetahanaMulai menjabat 03 Maret 2021PresidenJoko WidodoGubernurLukas Enembe(Gubernur Papua)Nikolaus Kondomo(Pj. Gubernur Papua Pegunungan)WakilPiter KalakmabinPendahuluCostan Oktemka Informasi pribadiLahir22 Maret 1977Oksibil, Pegunungan Bintang, Irian JayaKebangsaanIndonesiaSuami/istriSusana Maria Apaseray, S.IPAnak5Orang tuaAgus Bidana (ayah)Agustina Taplo (ibu)Alma materSekolah Tinggi Teknologi NasionalUniversitas Gadjah MadaSunting kota...
Municipio de Rockford Municipio Municipio de RockfordUbicación en el condado de Carroll en Misuri Ubicación de Misuri en EE. UU.Coordenadas 39°28′35″N 93°16′46″O / 39.4764, -93.2794Entidad Municipio • País Estados Unidos • Estado Misuri • Condado CarrollSuperficie • Total 40.52 km² • Tierra 39.68 km² • Agua (2.07 %) 0.84 km²Altitud • Media 206 m s. n. m.Población (2010) &...
هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أبريل 2019) توم ر. بورنس معلومات شخصية الميلاد سنة 1937 (العمر 85–86 سنة) أركنساس مواطنة الولايات المتحدة الحياة العملية المدرسة الأم جامعة ستانفوردجامعة وارسو&...
Keystone Cops dalam The Stolen Purse (1913). Dari kiri ke kanan: Robert Z. Leonard, Mack Sennett, Bill Haber, Henry Lehrman, ___ McAlley, Chester Franklin, Ford Sterling, Fred Mace, dan Arthur Tavares. Keystone Cops (seringkali disebut Keystone Kops) adalah kelompok polisi inkompeten, lucu dan fiksi. Kelompok tersebut tampil daalm film-film komedi bisu slapstick yang diproduksi oleh Mack Sennett untuk Keystone Film Company antara 1912 dan 1917. Referensi Bacaan tambahan Basinger, Jeanine, (19...
Wielersport is een van de sporten die beoefend werden tijdens de Middellandse Zeespelen 1987 in Latakia, Syrië. Er waren twee onderdelen: één wegwedstrijd en tijdrit, beiden enkel georganiseerd voor mannen. Uitslagen Event 1 Goud 2 Zilver 3 Brons Wegrit Luca Gelfi Eduardo Ruiz Fabrizio Bontempi Tijdrit Italië Frankrijk Spanje Medaillespiegel Plaats Land 1 Goud 2 Zilver 3 Brons Totaal 1 Italië 2 0 1 3 2 Spanje 0 1 1 2 3 Frankrijk 0 1 0 1 Tot...
Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Faktoradik – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Faktoradik adalah sebuah sistem bilangan yang setiap posisi angka memiliki basis sesuai dengan faktorial dari posisinya. Sistem bilangan ini...
Der Titel dieses Artikels ist mehrdeutig. Zum britischen Rechtsrock-Musiker, der diesen Namen als Pseudonym benutzte, siehe Paul Burnley. Paul London Vereinigte Staaten Personalia Geburtsname Paul Michael London Geburtstag 16. April 1980 Geburtsort Austin, Texas, USA Karriereinformationen Ringname(n) Paul LondonEl Gran Luchadore El Vegas Dragon Körpergröße 178 cm Kampfgewicht 93 kg Angekündigt aus Austin, Texas Trainiert von Dory Funk, Jr.Ivan PutskiRudy Boy GonzalesShawn Michaels Debüt ...
Slovenian football club Football clubJadran DekaniFull nameNogometni klub Jadran DekaniNickname(s)Pesjani (The Scoundrels)Founded1938; 85 years ago (1938)[1]GroundIgrišče Ivan GregoričCapacity400[2]PresidentMarko DrljićHead CoachAlen ŠčulacLeagueSlovenian Second League2022–23Slovenian Second League, 11th of 16 Home colours Away colours Nogometni klub Jadran Dekani, commonly referred to as Jadran Dekani or simply Dekani, is a Slovenian football club fr...
Boeing C-40 Clipper adalah versi militer dari transportasi penerbangan Boeing 737-700C. Hal ini digunakan oleh kedua Angkatan Laut Amerika Serikat dan Angkatan Udara Amerika Serikat . Varian C-40A Clipper Angkatan Laut Amerika Serikat versi Boeing 737-700 untuk kargo prioritas tinggi dan transportasi penumpang, dua belas dibangun. C-40b Angkatan Udara Amerika Serikat versi Jet Boeing 737-700 Bisnis berbasis Boeing dimodifikasi sebagai pesawat misi khusus untuk komandan dan pejabat pemerintah,...
This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) A major contributor to this article appears to have a close connection with its subject. It may require cleanup to comply with Wikipedia's content policies, particularly neutral point of view. Please discuss further on the talk page. (March 2014) (Learn how and when to remove this template message) This article reads like a press release or ...
Phytolaccaceae Phytolacca esculenta Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Plantae Divisi: Magnoliophyta (tanpa takson): Eudikotil (tanpa takson): Core Eudikotil Ordo: Caryophyllales Famili: PhytolaccaceaeR.Br.[1][2] Genera Agdestis Moc. & Sessé ex DC. Anisomeria D.Don Ercilla A.Juss. Nowickea J.Martínez & J.A.McDonald Phytolacca L. Sinonim Agdestidaceae Nakai Phytolaccaceae adalah salah satu suku anggota tumbuhan berbunga. Menurut Sistem klasifikasi APG II suku ini dimasukkan...
شعار لبنان {{{alt}}}الشعار الحالي التفاصيل المستعمل الجمهورية اللبنانية البلد لبنان الاعتماد 1943 الدرع علم لبنان مجالات الاستخدام لبنان تعديل مصدري - تعديل شعار لبنان، مكون من درع أحمر وخط مستطيلي أبيض مائل عليه علامة الأرز. وهو شبيه بعلم لبنان، مع اختلاف وجود الخط ا...
lnمعلومات عامةنوع واجهة سطر الأوامرنظام التشغيل يونكس و شبيه يونكسالمطورون مختبرات بيلمعلومات تقنيةالإصدار الأول 3 نوفمبر 1971؛ منذ 52 سنة (1971-11-03)تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات ال أن (يونكس) او ln command هو أداة مساعدة قياسية من يونكس تُستخدم لإنشاء رابط صلب أو و...
Vita ErvinaS.E., M.B.A.Anggota Dewan Perwakilan Rakyat Republik IndonesiaPetahanaMulai menjabat 1 Oktober 2019PresidenJoko WidodoDaerah pemilihanJawa Tengah VI Informasi pribadiLahir22 Oktober 1980 (umur 43)Jakarta, IndonesiaPartai politik PDI-PAlma materUniversitas Pancasila Universitas Gadjah MadaPekerjaanPolitikusSunting kotak info • L • B Vita Ervina, S.E., M.B.A. (lahir 22 Oktober 1980) adalah politikus Indonesia yang menjabat sebagai anggota DPR-RI peri...
American outdoor advertising company Some of this article's listed sources may not be reliable. Please help this article by looking for better, more reliable sources. Unreliable citations may be challenged or deleted. (July 2014) (Learn how and when to remove this template message) Lamar Advertising CompanyTypePublic companyTraded asNasdaq: LAMR (Class A)S&P 400 componentIndustryReal estate investment trust, AdvertisingFounded1902; 121 years ago (1902)FounderCharles...
Roman Catholic church in Makati, Philippines Church in Metro Manila, PhilippinesGuadalupe ChurchNuestra Señora de Gracia ChurchIglesia Nuestra Señora de Gracia (Spanish)Iglesia de Guadalupe (Spanish)Parroquia de Guadalupe (Spanish)Church façade in 201414°33′59″N 121°02′36″E / 14.566438°N 121.043333°E / 14.566438; 121.043333Location7440 Bernardino Street, Guadalupe Viejo, Makati, Metro ManilaCountryPhilippinesDenominationRoman CatholicWebsi...
В Википедии есть статьи о других людях с такой фамилией, см. Максимов; Максимов, Владимир. Владимир Максимов Имя при рождении Владимир Васильевич Самусь Дата рождения 15 (27) июля 1880 Место рождения Санкт-Петербург, Российская империя Дата смерти 22 марта 1937(1937-03-22) (56 лет) Место...