Vari Caramés Medín, nado en Ferrol en 1953, é un fotógrafo galego.
Traxectoria
Nado en Ferrol e asentado na Coruña, comezou a fotografar con quine anos, cando o seu pai lle regalou unha cámara Voigtlander[1]
A súa primeira exposición foi na Coruña en 1980, cidade onde ao longo da súa carreira expón reiteradamente. En 1986 foi invitado a participar no proxecto vigovisión, da II Edición da Fotobienal, certame hoxe con fama internacional, no que seis fotógrafos de diferentes países debían retratar Vigo durante unha semana. Colectivamente expuxo en diferentes cidades de Galiza, así como en Madrid, Santander, Lisboa, Braga, Córdoba e Quimper (Francia).
Estilo
Na súa obra hai unha nostalxia acusada, desde a deliberada intemporalidade que imprimen as súas imaxes, nas que o plástico imponse ao testemuñal, aínda que, ao fin rematan sendo emotivos documentos definidores dun lugar, un ambiente, unha situación. Interésalle máis o pormenor, o miúdo, que a totalidade.
Bibliografía
Álbum Vari Caramés. Vigo. Centro de Estudos Fotográficos, 1989.