Tivo unha importante presenza árabe e foi parte do imperio de Muza Ben Muza, máis tarde forma parte da Taifa de Zaragoza e máis adiante da de Tudela-Lleida. Terminou de ser conquistada polos cristiáns de Afonso o Batallador rei de Navarra e Aragón no ano 1110 outorgando á vila o Foro de Sobrarbe e o título de Moi nobre e Moi leal, cando Navarra e Aragón separáronse esta como consecuencia da morte de Afonso I en 1134, a nobreza decidiu formar parte de Navarra e Tudela non se uniu a Aragón, formando parte de Navarra.
Patrimonio artístico
Igrexa de Santa María. Templo parroquial do século XVI que atesoura un grandioso Retablo Maior renacentista, con talla dourada e policromada.
Palacio dos Gómara. Edificio civil de estilo barroco, con fachada de ladrillo do século XVIII.
Economía
Valtierra foi historicamente unha vila dedicada plenamente aos labores agrícolas e durante séculos ao redor delas desenvolveuse a vida no municipio. Dentro do sector primario destacan os cultivos de millo, verduras (brócoli, coliflor, tomate, pemento, berenxena), o cereal, e os verbascos. Na gandería destaca o gando ovino, bovino e porcino. A comezos do século XXI acadaban tamén grande importancia o sector secundario e o sector terciario.