Bidankoze (en castelán e tamén oficial: Vidángoz) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Roncal-Salazar e a 87 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 94 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 39,20 km² e a súa densidade de poboación é de 2,4 hab./km².
Símbolos
Escudo
O escudo de armas da vila de Bidankoze ten o seguinte brasón:
Cuartelado. 1.º, de azur e unha ponte de tres arcos de ouro e sobre el a testa coroada dun rei moro. 2.º, de goles e un lebrel de prata sinistrado. 3.º, de goles e un castelo de prata. 4.º de azur e tres rochas de ouro.
Este brasón é privativo de todo o val de Roncal e de cada unha das súas vilas en particular.[1]
↑OTAZU RIPA, Jesús Lorenzo (1999). Navarra - Temas de Cultura Popular n.º 289, Heráldica Municipal de la Merindad de Sangüesa II. Gobierno de Navarra. ISBN84-235-0076-4.
↑Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Artículo de Vidángoz". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 4 de febreiro de 2012.