O Meiriñado de Sangüesa (en castelán: Merindad de Sangüesa, en éuscaro: Zangozako merindadea) é un dos cinco meiriñados en que historicamente se dividiu a Comunidade Foral de Navarra (España) e que ten por capital a cidade de Sangüesa. O seu termo coincide co partido xudicial de Agoitz agás no caso do municipio de Burlata que dende 1988 pertence ao partido xudicial de Pamplona. O meiriñado engloba 65 municipios e 11 facerías tendo unha superficie total de 2070,8 km² (22,06 km² son facerías). A súa poboación en 2010 foi de 79.757 habitantes (INE).
Estella/Lizarra · Olite/Erriberri · Pamplona/Iruña · Sangüesa/Zangoza · Tudela