É unha plantaherbáceabienal que acada 2 m de altura. Talo erecto ramificado e con lanuxe. As follas de até 50 cm de longo son ovais lanceoladas, alternas, aveludadas cunha peluxe branca ou prateada, formando unha roseta basal o primeiro ano. Durante o segundo ano érguese un único talo floral de 1 a 2 m de altura, este remata nunha inflorescencia, constituída por un acio mesto con numerosas flores de cor amarela clara. As flores son pentámeras, case sésiles e con pedículos moi curtos (2 mm). Posúen cinco estames de dous tipos: tres superiores máis curtos con filamentos cubertos de vilosidades amarelas ou abrancazadas e anteras pequenas, mentres que os dous inferiores teñen filamentos glabros e anteras maiores, todos eles están fundidos aos pétalos. O cáliz é tubular de cinco lóbulos e unha corola de cinco pétalos, o último dos cales é de cor amarela clara e 2,5 cm máis estreito. O chopo produce pequenas cápsulas ovoides (6 mm) que se parten en dúas metades. Cada cápsula ten gran número de sementes miúdas de cor marrón (menos de 1 mm).
Propiedades
As flores teñen un pigmento amarelo que xa utilizaban a mulleres romanas para pór os cabelos loiros.
Expectorante utilizándose contra a asma e a bronquite.
Os fomentos da planta utilízanse contra as hemorroides ou almorrás.
↑Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 e Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
↑Contribution à la connaissance cytotaxinomique des spermatophyta du Portugal. Fernandes, A., M. Queirós & M. F. Santos (1977) Bol. Soc. Brot. ser. 2 51: 37-90