Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Valeriano Yepes Hernández de Madrid

Modelo:BiografíaValeriano Yepes Hernández de Madrid
Biografía
Nacemento14 de abril de 1925 Editar o valor en Wikidata
Novés, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xullo de 2012 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro agrónomo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosRicardo Yepes Stork Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1497458 Dialnet: 2574373

Valeriano Yepes Hernández de Madrid, nado en Novés (provincia de Toledo) o 14 de abril de 1925 e finado na Coruña o 29 de xullo de 2012, foi un enxeñeiro agrónomo español.[1]

Traxectoria

Estudou Enxeñería Agrónoma en Madrid e posteriormente doutorouse en 1966.[1] Trasladouse a Galicia en 1951 onde traballou no seu campo. Iniciou campañas para amosar o uso de praderías artificiais, a construción de silos e o ensilado da herba en 1966. Destas campañas naceron as melloras realizadas nas explotacións gandeiras de Galicia.[1]

En 1969 é nomeado director do Centro de Investigacións de Galicia, organismo dende o que se concentrou na organización e difusión da investigación agraria. Este traballo culminouse coa creación do Centro Rexional de Investigación e Desenvolvemento Agrario en Mabegondo, e do que foi director ata 1983.[1]

O seu traballo foi recoñecido con diversas condecoracións, e en 1984 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias como membro de número coa lectura do discurso Ideas sobre la investigación agraria.[1]

Vida persoal

Casou con Magdalena Stork Gadea, e foi pai de María de los Ángeles, Ricardo, Silvia e Pablo Yepes Stork.[2]

Obras

  • La producción de carne en la provincia de La Coruña, 1966.
  • Intensificación de la producción pratense y forrajera, 1955.
  • Mezclas pratenses en las praderas artificiales de Galicia, 1957.
  • Posibilidades de expansión de la agricultura del noroeste de España, 1964.
  • Ensayo de abonado de praderas con nitrógeno, 1966.
  • Variedades de gramíneas y leguminosas recomendadas para Galicia, 1977, en colaboración con outros autores.
  • El uso de la tierra en Galicia, 1983.
  • Ideas sobre la investigación agraria, 1984.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Entrada “Yepes Hernández de Madrid, Valeriano” na GEG.
  2. "Necrolóxica". La Voz de Galicia, 30 de xullo de 2012, p. 45.
Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya