O val do río Navea é unha paisaxe protexida do río Navea entre San Xoán de Río e A Pobra de Trives, en Trives. Esta paisaxe atópase dentro da zona especial de conservación (ZEC) do Macizo Central.[1]
Descrición
O río Navea, na súa chegada desde Chandrexa de Queixa, únese co río Bibei preto da da Ponte Nova, entre A Pobra de Trives e San Xoán de Río. O val fluvial marcado dese último tramo discorre por vales montañosos acusados e solos de lousas, xistos e cuarcitas. Neses están presentes fragas singulares dominadas por rebolos, carballos e castiñeiros con algunhas outras especies como bidueiros, ameneiros ou salgueiros.[1]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas